Helena Salgueiro
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1995 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, escritora ![]() |
Familia | |
Pai | Roberto Salgueiro ![]() |
Premios | |
![]() |
Helena Salgueiro Golán, nada en Santiago de Compostela en 1995, é unha poeta, actriz e performer galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Galega e Teoría e Crítica Literarias. Estando na universidade, en 2013, fundou a compañía e asociación GN TEATRO,[1] na que dirixiu e actuou nos espectáculos Natureza Viva, Kraft e Cabaret Salomé. En 2012 publicou o seu primeiro poemario Intermitencia da cidade.
No verán de 2021 creou a compañía de teatro ABAR, coa que estreou a obra ferro, federici na que desenvolve as teses de Silvia Federici a través da arte.[1][2] En 2022 estreou Come and Go, unha versión do texto homónimo de Samuel Beckett. En abril de 2024 dirixiu, dentro do XXIV Ciclo de teatro universitario, a súa obra Salón Colorado, "unha historia do colapso anunciado ante a indiferencia dunha clase privilexiada".[3]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Intermitencia da cidade (2012). Edicións Fervenza. ISBN 978-84-939167-6-3
- As flores (2017). Deputación da Coruña. ISBN 978-8498123012
Teatro
[editar | editar a fonte]- Todas as illas son unha illa (2021). Edicións Positivas. ISBN 978-84-124754-9-4
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de poesía Avelina Valladares en 2012 por Intermitencia da cidade.[4][5]
- II Certame de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón 2016 por As flores.[6][7]
- XXIV edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Viariño por Amor Palimpseta.[8] [9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Curros, Iria (18 de agosto de 2021). "Helena Salgueiro. A fronteira que se borra entre a escrita e o movemento". vinte.praza.gal. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ Helena Salgueiro, autora de ‘ferro, federici’: “As mulleres somos a máquina produtiva máis necesaria do capitalismo”
- ↑ Salgueiro, H. Salón Colorado (The Colorado Lounge). Programa de man.
- ↑ Redacción (19 de xullo de 2012). "Helena Salgueiro faise co premio de poesía Avelina Valladares". culturagalega.gal. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ García, Montse (19 de xullo de 2012). "Helena Salgueiro, de 16 anos, gaña o premio literario Avelina Valladares". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ "As flores, de Helena Salgueiro, gaña o II Premio de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón". axendacultural.aelg.gal. 23 de maio de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ Redacción (13 de maio de 2016). "Helena Salgueiro gana el premio Rosalía de poesía con "As flores"". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2024-11-26). "Helena Salgueiro se alza en Sarria con el premio de poesía Fiz Vergara Vilariño". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-11-27.
- ↑ Diario, Nós (2024-12-16). "Helena Salgueiro, Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño: "Co poemario 'Palimpsesta' pretendo abranguer o imposíbel; é un proxecto de libro infinito"". Nós Diario. Consultado o 2024-12-17.