Roberto Salgueiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1966 (58 anos) Caracas, Venezuela |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo |
Premios | |
Roberto Salgueiro González, nado en Caracas o 24 de outubro de 1966, é un escritor e director de teatro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e DEA en Teoría da Literatura, é director da Aula de Teatro da USC. Traballou para as compañías Teatro da Lúa, Uvegá-Teatro, Teatro do Atlántico e Talía Teatro. Colaborou en revistas teatrais.[1][2]
Os seus traballos escénicos representáronse en numerosos teatros de España, así como en Francia, Portugal, Noruega, Países Baixos, Bélxica, Alemaña, Lituania, Estonia, Marrocos e Os Estados Unidos.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]Obra dramática publicada
[editar | editar a fonte]- O arce no xardín (1989). Xerais, estreada polo Centro Dramático Galego no mesmo ano da súa publicación.[4] 72 páxs. ISBN 9788475073859.
- Historia de Neera (1989). Edición do autor, estreada por Teatro do Atlántico en 1990.
- Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado (2001). Vigo: Xerais. 64 páxs. ISBN 978-8483025994.
- Matanza (2002). Deputación da Coruña.[5]
- Apnea (2003). Baía. 52 páxs. ISBN 978-8496128262.
- Molière final (2003). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-015-8.
- Historia da chuvia que cae todos os días (2008). Vigo: Xerais. 48 páxs. ISBN 978-8497827461.
- Memoria de Helena e María (2009). Difusora. 48 páxs. ISBN 9788493709075.
- Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can) (2009). A Coruña: Baía. 61 páxs. ISBN 9788492630196.
- Como mil cachiños de vidro que a dor escurece (2016). Deputación da Coruña
- Perder (2016-2021) (2023). Vigo: Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-1176-025-6.[6]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Teatro nacional e nacionalismo. Váter (comedia claustrófica) (1999). Noitarenga.
- Como facer teatro hoxe: manual básico de traballo (2005). Xunta de Galicia.
Traducións
[editar | editar a fonte]- A arte do teatro, de François Riccoboni (2002). Universidade da Coruña.
- Os camiños do actor: formar para actuar, de Josette Féral (2004). Galaxia.
Representacións
[editar | editar a fonte]Aula de Teatro da USC
[editar | editar a fonte]- A esperar a Godot, de S. Beckett (1990-91).
- O Matrimonio, de W. Gombrowicz. (1991-92).
- Nosferatu, de Fco. Nieva (1992-93).
- Cando chega decembro, de M. Lourenzo (1993-94).
- King Kong Palace, de M.A. de la Parra (1994-95).
- A velada espectral de míster Peabody, de M. Lourenzo (1995-96).
- Ubu rei, de Alfred Jarry (1996-97).
- Comedia noxenta para mamá, de S. Witckiewicz (1997-98).
- La cabeza del dragón, de Valle-Inclán (1998-99).
- Os vellos non deben namorarse, de Castelao (1999-2000).
- O burgués xentilhome, de Molière (2000-2001).
- Matanza, de R. Salgueiro (2001-2002).
- Apnea, de R. Salgueiro (2002-03).
- Hamlet, de Shakespeare (2003-2004).
- Ubu Encadeado, de Alfred Jarry (2004-2005).
- O velorio de Pat O’Connor, de R. Salgueiro (2005-2006).
- El caballero de Olmedo, de Lope de Vega (2005 – 2006).
- Trufaldino, servidor de dous amos, de Carlo Goldoni (2006-2007).
- As raíñas, de Werner Schwab (2007-2008).
- As cuñadas, de M. Tremblay (2009-2010).
- Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz (2010-2011).
- Comedia famosa do cabaleiro de Olmedo, de Fco. de Monteser (2011 – 2012).
- Agamenón. Volvín do supermercado e deille unha malleira a meu fillo, de Rodrigo García (2012 – 2013).
- APNEA (variación 2ª), de R. Salgueiro (2013 – 2014).
- A Historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet, de S. Sondheim (2014 - 2015).
- Cousas que trouxo a chuvia, de R. Salgueiro (2016-2017).
- Pasar por Nida de R. Salgueiro (2017-2018).
- A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour (2018 - 2019).
Outras compañías
[editar | editar a fonte]- Sigrid só era unha boneca rota. Coautor, axudante de dirección (Teatro da Lúa, 1989)
- Cea para dous. Dirección (Uvegá Teatro, 1990)
- Historia de Neera. Autor (Teatro do Atlántico, 1990)
- Ai, Carmela. Dirección (Talía Teatro, 1993)
- Xoán Tuorum. Dirección (Museo do Pobo Galego, 2006)
- Esperando a Godot. Dirección (Talía Teatro, 2007)
- Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can). Dirección (Talía Teatro. 2008)
- Volpone. Dirección (Talía Teatro, 2011)
- Ubú Rei. Dirección (Talía Teatro, 2016)
Premios literarios
[editar | editar a fonte]- Premio Álvaro Cunqueiro no 1988, por O arce no xardín.
- Finalista do Premio Álvaro Cunqueiro no 1989, por Historia de Neera.
- Premio Álvaro Cunqueiro no 2000, por Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado.
- Finalista do Premio Rafael Dieste no 2001, por Matanza.
- Premio de Dramaturxia Carlos Couceiro no 2002, por Apnea.
- Premio Álvaro Cunqueiro no 2002, por Molière final.
- Premio de Teatro Abrente no 2006, por Memoria de Helena e María.
- Premio Álvaro Cunqueiro no 2007, por Historia da chuvia que cae todos os días.
- Premio de teatro Rafael Dieste no 2015, por Como mil cachiños de vidro que a dor escurece.
- IV Torneo de Dramaturxia de Galicia no 2020, por Jessi and Johnny.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Roberto Salgueiro LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2023-07-17.
- ↑ "Salgueiro González, Roberto". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-07-17.
- ↑ "Salgueiro, Roberto". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-17.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "A Consellería de Cultura e Educación e o Concello de Santiago poñen en marcha o primeiro bono conxunto de teatro galego nos principais escenarios de Compostela Consellería de Cultura, Educación e Universidade". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2023-07-17.
- ↑ Araújo, Nuria (Xullo, agosto, setembro 2023). "A felicidade é coma a marea". Grial LXI (239): 108. ISSN 0017-4181.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Salgueiro González, Roberto". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Roberto Salgueiro na Biblioteca Virtual Galega.
- Web da Aula de Teatro da USC Arquivado 25 de xuño de 2020 en Wayback Machine.