Saltar ao contido

Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Premio Álvaro Cunqueiro»)

O Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais é un premio de literatura dramática en lingua galega convocado primeiro anualmente polo IGAEM e financiado pola Xunta de Galicia e logo bienal e convocado polo AGADIC.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Convócase dende o ano 1988 e ata hai pouco[cando?] era o premio máis prestixioso e con mellor dotación económica de teatro galego, superado agora polo Premio Rafael Dieste que organiza a Deputación da Coruña e implica a representación do texto premiado.

A dotación actual do premio inclúe a publicación da obra gañadora e, nun principio, implicaba a súa representación por parte do Centro Dramático Galego. Esta última era incumprida frecuentemente e xeraba certa polémica, polo que acabou por ser retirada das bases e substituída por unha base, a oitava, que implicaba "sacar a concurso a posta en escena do texto premiado".

Na convocatoria do ano 2006 suprimiuse tamén esta base e actualmente a dotación consiste na posibilidade da publicación do texto (se hai orzamento) e en 6000 euros, cantidade semellante á coa que foi dotado no momento da súa creación no ano 1988.

Inicialmente tivo unha periodicidade anual, pero en 2013 pasou a ser bienal[1].

Obras premiadas

[editar | editar a fonte]
  1. Camilo Franco (2 de xullo de 2013). "O premio Álvaro Cunqueiro pasará a ser bienal". La Voz de Galicia. 
  2. "Carme Varela, con 'As desterradas', gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-11-18. 
  3. http://www.acvgalaica.com, Global Web 6 2-. "AGADIC". www.agadic.gal. Consultado o 2022-12-01. 
  4. Diario, Nós (2024-11-12). "Avelina Pérez, Carlos Labraña e Andrea Cid, premios de literatura dramática". Nós Diario. Consultado o 2024-11-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]