Heliodoro Cid
Aparencia
(Redirección desde «Heliodoro Cid Rozo»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1831 Pontevedra, España |
Morte | 31 de marzo de 1888 (56/57 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Descrito pola fonte | Dicionario biográfico de Galicia Diccionario da literatura galega Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Heliodoro Cid Rozo, nado en Pontevedra en 1831 e finado na mesma cidade o 31 de marzo de 1888, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Colaborou nos periódicos pontevedreses El País (1857), La Perseverancia (1859) e El Esquilón (1861). Marchou a Lugo onde foi redactor e logo director de El Progreso. Volveu a Pontevedra e foi redactor de La Crónica, La República (1873), El Avisador (1881), La Opinión (1884) e Galicia Cómica (1885). Colaborou no Álbum de la Caridad co poema "Á'miña hirman",[1] segundo Carballo Calero: moi sentimental e de escaso mérito.[2]
Empregou o pseudónimo de Fray Zacarías.
Finou pobre[3] en Pontevedra o 31 de marzo de 1888 aos 57 anos de idade.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Noche, 26-4-1951, p. 1.
- ↑ Carballo Calero 1975.
- ↑ Couceiro Freijomil 1951, p. 281.
- ↑ Necrolóxica en El Eco de Galicia, 5-4-1888, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cid Rozo, Heliodoro". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 257.
- "Cid Rozo, Heliodoro". Enciclopedia Galega Universal 5. Ir Indo. 1999-2002. p. 349. ISBN 84-7680-288-9.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 122. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 281.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 534. ISBN 84-7492-465-0.
- López Otero, José (1899). El periodismo en Pontevedra (en castelán).
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 139. ISBN 84-8288-019-5.