Galicia Cómica (Pontevedra)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia Cómica.
Galicia Cómica | |
---|---|
País | España |
Lugar | Pontevedra |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1885 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galicia Cómica foi unha revista editada en Pontevedra entre 1885 e 1886.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Periódico semanal festivo-caricaturesco, apareceu o 8 de novembro de 1885. Foi a primeira publicación ilustrada impresa de Pontevedra. Dirixida por Torcuato Ulloa, Augusto Feito era o redactor xefe e Benigno L. Sanmartín o debuxante. Publicou poemas de Heliodoro Cid, Renato Ulloa, Heliodoro Fernández Gastañaduy, Javier Valcarce Ocampo, Alberto García Ferreiro, Pío Lino Cuiñas, Lisardo Rodríguez Barreiro, R. Lois (Manzanillo) e Adolfo Mosquera. Cesou a súa publicación o 25 de abril de 1886.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Galicia Cómica". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán, José Antonio (2005). "Galicia Cómica". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 221–222. ISBN 84-8288-137-X.