Heliodoro Fernández Gastañaduy
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1859 Pontevedra, España |
Morte | 15 de marzo de 1917 (57 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Francisco Fernández Anciles |
Heliodoro Fernández Gastañaduy, nado en Pontevedra o 29 de setembro de 1859 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1917[1], foi un médico e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Fernández Anciles. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1878), foi médico en Pontevedra. Foi redactor de El Independente e Diario de Pontevedra e colaborou en Galicia e Suevia. En 1882 firmou a circular para publicar a coroa fúnebre de Andrés Muruais e formou parte do xurado cualificador nos Xogos Florais de Lugo (1907). Foi elixido numerario da Real Academia Galega, pero non chegou a tomar posesión.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Opúsculo higiénico sobre el cólera, 1884.
- El doctor Gutiérrez, 1903 (teatro).
- Nuevo ambiente (teatro).
- ¿Neurastenia?, 1909 (teatro).
- Un vello paroleiro, 1912 (teatro).
- O pote, 1920 (zarzuela).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Libertad, 22-3-1917, p. 2.
- ↑ "Necrología. Heliodoro Fernández Gastañaduy". Boletín da Real Academia Galega (117): 257–258. 1917.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heliodoro Fernández Gastañaduy |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.