Francisco Fernández Anciles
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1810 Pontevedra, España |
Morte | decembro de 1880 (69/70 anos) Pontevedra, España |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
12 de agosto de 1871 – 1874 ← Cayetano Taboada Sotelo – Manuel Bárcena Franco → | |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor, político |
Familia | |
Fillos | Heliodoro Fernández Gastañaduy |
Francisco Fernández Anciles, nado en Pontevedra en 1810 e finado na mesma cidade en decembro de 1880[1], foi un médico, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Exerceu a medicina e foi un dos precursores da poesía en galego. Colaborou en El País e El Progreso, foi propagandista do galeguismo e recompilou vocábulos galegos co obxectivo de elaborar un dicionario.
No Sexenio Democrático foi militante do Partido Radical, e o 12 de agosto de 1871 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Heliodoro Fernández Gastañaduy.
Predecesor: Cayetano Taboada Sotelo |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1871 - 1874 |
Sucesor: Manuel Bárcena Franco |
Obras
[editar | editar a fonte]- "Para min non hai consolo" (1858), publicado no periódico El País (versión de "O desconsolo" de Eduardo Camino).
- "A noite de San Xoán" (1861), premiado nos primeiros Xogos Florais de Pontevedra.
- El hombre ¿Es cosmopolita? ¿Puede ó nó aclimatarse sobre todos los puntos del globo? (1865).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Ilustración Gallega y Asturiana, 28-12-1880, p. 11.