Saltar ao contido

Cayetano Taboada Sotelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCayetano Taboada Sotelo
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1817 Editar o valor en Wikidata
Codeseda, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 1899 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Codeseda, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
1871 – 1871
← Francisco Pereira GarcíaFrancisco Fernández Anciles → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Cayetano Manuel Taboada Sotelo, nado en Codeseda (A Estrada) o 18 de febreiro de 1817 e finado na mesma parroquia o 19 de marzo de 1899[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Luis Taboada Baamonde e de María Antonia Joaquina Vázquez Sotelo Losada, neto de Pedro Antonio Taboada e de Ana María Baamonde Cortes e de Antonio Miguel Vázquez Sotelo Mariño de Lobeira e de Manuela Antonia Jacoba Losada Navia. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o grao de bacharel en leis. Foi aprobado para avogado da Audiencia Territorial da Coruña o 8 de xullo de 1841.

Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde da Estrada (1846) e logo procurador síndico (1849). Foi secretario xeral da Xunta de agricultura, industria e comercio da provincia de Ourense en 1860. No Sexenio Democrático foi militante do Partido Liberal, elixido deputado provincial en 1871, 1872 e 1873 o 28 de xullo de 1871 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra.

Como concelleiro e tenente de alcalde da Estrada promoveu a construción das pontes de Abragan en Codeseda e de Liñares e mandou construír a ponte sobre o río Umia na parroquia de Souto, facendo colocar unha pedra coa inscrición: "Este puente se construyó por disposición del alcalde licenciado don Cayetano Taboada Sotelo año 1847".

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Magdalena Rivas Martínez, filla de Francisco María Rivas Taboada, o 9 de xullo de 1855.


Predecesor:
Francisco Pereira García
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1871
Sucesor:
Francisco Fernández Anciles
  1. Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 23-3-1899, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]