Helmer Alexandersson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1886 Estocolmo, Suecia |
Morte | 24 de decembro de 1927 (41 anos) Estocolmo, Suecia |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Norte de Estocolmo, Kvarter: 01A Gravplats: 00562 (1927–) 59°21′17″N 18°02′00″L / 59.35473, 18.0334 |
Educación | Royal College of Music in Stockholm (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, violinista |
Profesores | Jean Paul Ertel (en) |
Instrumento | Violín |
Familia | |
Irmáns | Karin Alexandersson |
Helmer Alexandersson, nado o 16 de novembro de 1886 en Estocolmo e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1927, foi un compositor e violinista sueco, irmán da actriz Karin Alexandersson.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coñécese relativamente pouco sobre a vida de Alexandersson, naceu nunha familia de comerciantes, seu pai morreu en 1900 e el tivo que se pór a atender o comercio familiar. Estudou de 1902 a 1908 no Conservatorio de Estocolmo, recibiu varias bolsas de estudos para perfeccionarse e en 1912 contratárono para realizar a marcha oficial dos Xogos Olímpicos de Estocolmo. Concibida na súa maior parte en 1914 a Sinfonía nº 2 en G menor estreouse o 18 de abril de 1919 baixo a dirección de Carl Schneevoight.[1] Desde 1918 era primeiro violinista da orquestra do cine "Röda Kvarn" (Rode Molen) compoñendo música para os filmes mudos que se exhibían nese cine.