Saltar ao contido

Hemirámfidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hemirhamphodon pogonognathus

Os Hemirámfidos (Hemiramphidae), paxariños ou mediopicos, son unha familia de peixes teleósteos, pertencentes á orde Beloniformes. A maioría son mariños pero algunhas especies son de auga doce. Están distribuídos por augas do Atlántico, Índico e Pacífico.

Características

[editar | editar a fonte]

A mandíbula superior é moito máis curta que a inferior, que é longa e aguzada, especialmente nos xuvenís (nas familias Belonidae e Scomberesocidae as dúas mandíbulas son de tamaño similar). As aletas pectorais e pelvianas son curtas, e as aletas dorsal e anal, opostas, moi atrasadas. As escamas son moderadamente grandes, con tendencia a desprenderse.

Algunhas especies poñen os ovos en algas flotantes, pero outras son ovovivíparas. Son peixes omnívoros que se alimentan, na superficie, de algas, crustáceos e pequenos peixes.

Poden capturarse como fonte de alimentación pero é máis usual aproveitalos como carnada para pescar outras especies. As especies dos xéneros Dermogenys e Nomorhamphus utilízanse como peixes de acuario.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Divídense en dúas subfamilias e 13 xéneros:

  • Subfamilia Hemiramphinae
    • Xénero Arrhamphus (Günther, 1866)
    • Xénero Chriodorus (Goode e Bean, 1882)
    • Xénero Euleptorhamphus (Gill, 1859)
    • Xénero Hemiramphus (Cuvier, 1816)
    • Xénero Hyporhamphus (Gill, 1859)
    • Xénero Melapedalion (Fowler, 1934)
    • Xénero Oxyporhamphus (Gill, 1864)
    • Xénero Rhynchorhamphus (Fowler, 1928)
  • Subfamilia Zenarchopterinae
    • Xénero Dermogenys (Kuhl e van Hasselt en van Hasselt, 1823)
    • Xénero Hemirhamphodon (Bleeker, 1866)
    • Xénero Nomorhamphus (Weber e de Beaufort, 1922)
    • Xénero Tondanichthys (Collette, 1995)
    • Xénero Zenarchopterus (Gill, 1864)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]