Henri Parot
Nome orixinal | (fr) Henri Parot (eu) Unai Parot |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de maio de 1958 (66 anos) Alxer |
Actividade | |
Membro de | |
Outro | |
Condenado por | asasinato terrorismo |
Cronoloxía | |
11 de decembro de 1987 | 1987 Zaragoza Guardia Civil Barracks bombing (en) |
Henri Parot, Unai[1], nado en Alxer o 6 de xaneiro de 1958, é un membro de ETA. Formou parte do comando itinerante da banda ou comando "Argala" e foi capturado en abril de 1990. Recibiu 26 sentenzas condenatorias coas que sumou case 4.800 anos de prisión, séndolle imputados 82 asasinatos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na daquela Alxeria francesa, posúe a nacionalidade francesa. Os seus pais procedían do sur de Francia. Trasladouse á cidade de Baiona, onde comezou a expresarse en éuscaro cando tiña 16 anos, en 1975. Ese ano, o seu irmán Jean salvou a vida nun atentado tardofranquista nun restaurante de Baiona. Nesa época, os prófugos da xustiza española e os opositores ao goberno franquista refuxiábanse no País Vasco francés. Posteriormente, Jean uniríase tamén á banda terrorista.
Actividade terrorista
[editar | editar a fonte]En 1978, Parot contactou con ETA, a través de Domingo Iturbe Abasolo, que chegaría a ser un dos líderes da organización, e quen supostamente lle propuxo ingresar nun novo comando "itinerante", chamado dentro da organización como "Argala". Este comando estaba formado soamente por cidadáns de nacionalidade francesa, o que lles permitía moverse con certa liberdade, sen levantar sospeitas, por toda España.
Parot cometeu o seu primeiro asasinato o 2 de novembro dese ano en Irún, cando el e Jean-Pierre Erremundeguy dispararon a queimarroupa contra o industrial José Legasa, que se negara a pagar o imposto revolucionario.[2]
Este comando perpetrou vinte e dous atentados, nos que morreron asasinadas 38 persoas e resultaron feridas máis de duascentas, sobre todo militares e gardas civís, incluíndo atentados como o asasinato do xeneral Guillermo Quintana Lacaci, sendo o propio Parot o asasino material, acompañándoo o tamén etarra Lasa Mitxelena como condutor do Renault 18 de cor branca no que cometeron dito asasinato, ou a voladura da casa cuartel de Zaragoza o 11 de decembro de 1987, onde causou 11 mortos (entre eles cinco nenas).[3]
Detención e cargos
[editar | editar a fonte]O 2 de abril de 1990 foi detido en Sevilla, mentres conducía un coche cargado de explosivos co que pretendía que estoupase a xefatura de policía, logo de tentar superar un control rutineiro da Garda Civil, con cuxos axentes sostivo un tiroteo, no que feriu a dous deles.
A Henri Parot fóronlle imputados 82 asasinatos, que supuxeron 26 sentenzas condenatorias coas que sumou case 4800 anos de cadea.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Unai é o nome que recibiu familiarmente Parot, non admitido polas autoridades francesas no momento do seu nacemento e rexistro.
- ↑ 2,0 2,1 «El etarra más sanguinario.» El Mundo. Consultado o 13 de marzo de 2015.
- ↑ «Zaragoza: cinco ataúdes blancos.» El País. Consultado o 13 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ETA killer ordered to serve 30 years, en The Age. (en inglés)