Saltar ao contido

Henri Sauvaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenri Sauvaire

Autorretrato de Henri Sauvaire (Ca. 1860),
Museo de Orsay, París.[1]
Nome orixinalHenri Joseph Sauvaire
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1831
Marsella, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1896 (65 anos)
Montfort-sur-Argens, Var.
Consul of France (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
Actividade
Campo de traballoDiplomacia, numismática, epigrafía e fotografía.
Ocupaciónfotógrafo, Dragoman (en) Traducir, epigrafista, numismático, diplomático Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1860 Editar o valor en Wikidata - 1870 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
Cabaleiro da Lexión de Honra (1895).

Membro de:
Académie des inscriptions et belles-lettres.

Henri Joseph Sauvaire, nado en Marsella o 15 de marzo de 1831 e finado en Montfort-sur-Argens, Var, o 4 de abril de 1896, foi un epigrafista, numismático e fotógrafo francés, coñecido principalmente polos seus estudos e as súas investigacións orientalistas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Henri Sauvaire nado en Marsella en 1831, desenvolveu case toda a súa carreira profesional en Oriente, comezando como empregado da chancelaría francesa en Alexandría en 1857,[2][3] e logo en Beirut en 1859. Tamén estivo en Damasco como comisario francés en Siria no momento dos masacres de 1860 no Líbano e en Siria. En 1863, participou na misión do duque de Luynes ao Mar Morto, na súa condición de arabista e fotógrafo.[4][5][6]

En 1865 foi nomeado primeiro dragomán de Alexandría.[3] En 1866 participou na campaña de restauración da cúpula do Santo Sepulcro de Xerusalén. Familiarizado cos estudos orientais de historia e arqueoloxía, reuniu unha gran colección de manuscritos árabes. En 1876 foi enviado a Marrocos, primeiro a Casablanca —onde ocupou o cargo de vicecónsul— e despois a Tánxer.[2][3]

Logo da súa xubilación en 1883, instalouse no castelo de Robernier, en Montfort-sur-Argens, e desde alí dedicouse á investigación sobre diferentes aspectos da cultura musulmá, en parte baseándose na abundante documentación manuscrita que reunira durante a súa traxectoria profesional en Oriente.[4] Como resultado destas investigacións, publicou, entre outras, unha serie de memorias no Journal asiatique, que posteriormente foron publicadas como monografía en tres volumes entre 1882-1888, acerca da metroloxía e a numismática musulmás,[2] que culmina cun estudo sobre a economía financeira dos estados musulmáns no derradeiro volume.[7][8]

Outro dos seus proxectos editoriais máis salientables foi a tradución dun tratado árabe medieval sobre a historia de Damasco, publicado tamén no Journal Asiatique, entre 1894 e 1896, que supón non só unha fonte de coñecemento histórico senón unha das primeiras manifestacións da epigrafía árabe, unha disciplina pouco desenvolvida ata o momento.[7][9]

Sauvaire recibiu en 1895 o título Cabaleiro da Lexión de Honra, e en 1889 foi elixido membro correspondente da Académie des inscriptions et belles-lettres de París.[7][3]

As súas numerosas fotografías tomadas en Siria, en Turquía e en cidades como Beirut, Damasco, Constantinopla e Hebrón son de grande interese e consérvanse en París, no Museo de Orsay.[10]

Henri Sauvaire finou o 4 de abril de 1896 en Montfort-sur-Argens, departamento de Var.[2]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das publicacións de Henri Sauvaire:

  1. "Autoportrait". Musée d'Orsay (Musee-orsay.fr).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Schlumberger, G. (1896). Páxina 151.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Sauvaire, Henri Joseph". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
  4. 4,0 4,1 Tréhin, J-Y. (2008). Páxina 870.
  5. Véxase "(1867)" na sección "Publicacións".
  6. Le Duc de Luynes (1874). Voyage d'exploration a la Mer Morte,a Petra et sur la rive goche du Jourdan. Bertrand, París.
  7. 7,0 7,1 7,2 Schlumberger, G. (1896). Páxina 152.
  8. Véxase "(1882-1888)" na sección "Publicacións".
  9. Véxase "(1894-1896)" na sección "Publicacións".
  10. "Henry Sauvaire (1831 - 1896)". Musee-orsay.fr

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]