Henrique Tello
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1951 ![]() Corcubión, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() |
Xosé Henrique Rafael Tello León, nado en Corcubión o 24 de outubro de 1951, é un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filosofía e Letras pola USC. Foi secretario nacional da Unión de Traballadores do Ensino de Galicia (1978-1983). Militante do BN-PG dende 1979 e do BNG desde a súa fundación. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1993.[1] Foi concelleiro no concello da Coruña dende 1995. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 1997 e 2001.
En xuño de 2002 deixou o escano no Parlamento para dedicarse en exclusiva ao labor de portavoz do BNG no concello da Coruña.[2]
En 2007 é nomeado tenente de alcalde de Turismo e Promoción Económica tras perder a maioría absoluta o PSdeG-PSOE nas eleccións municipais dese mesmo ano.
Crítico coa liña maioritaria do BNG, en 2010 perdeu o liderado da organización na Coruña en favor de Xosé Manuel Carril, polo que non se presentaría ás eleccións municipais de 2011[3]. Após a súa etapa no Concello retomou a súa actividade docente no IES de Elviña. En 2012, xunto con Mario López Rico e Margarida Vázquez anunciou a súa baixa no BNG[4].
Obra
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Filosofía (Baía Edicións, 2000, en colaboración con Susana Abuín Chaves e Francisco Martínez Bouzas).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""IV lexislatura (16-11-93 ó 28-08-97)"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2012. Consultado o 09 de abril de 2016.
- ↑ ""VI lexislatura (20-11-01 ó 26-04-05)"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2012. Consultado o 09 de abril de 2016.
- ↑ Tello no será cabeza de lista del BNG en A Coruña en las municipales de 2011 www.galiciadiario.com, 25/05/2010
- ↑ Henrique Tello y otros militantes del BNG de A Coruña anuncian su baja lavozdegalicia.es, 02/02/2012
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1951
- Nados en Corcubión
- Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG
- Concelleiros da Coruña
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Concelleiros de Galicia polo BNG
- Corporación Municipal da Coruña 1999-2003
- Corporación Municipal da Coruña 2003-2007
- Corporación Municipal da Coruña 2007-2011
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia