Mario López Rico
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (75/76 anos) Ribadeo, España |
Residencia | Monte Alto |
Actividade | |
Ocupación | político, arquitecto |
Partido político | En Marea (2016–) Cerna (2014–) ANOVA-Irmandade Nacionalista (2012–2014) Bloque Nacionalista Galego (1982–2012) |
Mario López Rico, nado en Ribadeo en 1949, é un arquitecto e político galego.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]É profesor de Debuxo no IES A Sardiñeira[1]. Antes de se dedicar á política traballou como arquitecto, profesor de debuxo e formou parte do consello de administración da Televisión de Galicia[2].
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Procedente do PSG, foi un dos dirixentes da Asemblea Popular Galega e un dos fundadores do BNG en 1982, formando parte do Colectivo Socialista.
Formou parte da oposición máis dura ao goberno de Francisco Vázquez, sendo sonada a retirada -xunto co seu compañeiro e líder do partido a nivel local Henrique Tello- dos arbustos que conformaban o "L" de "La Coruña" dun dos xardíns da Avenida da Vedra.[3]
Pertenceu ao colectivo Encontro Irmandiño e foi concelleiro de Rehabilitación Urbana na Coruña entre 2007 e 2011 tralo pacto de goberno municipal do PSdeG-PSOE co BNG. Crítico coa posición da UPG dentro do Bloque non se presentaría como candidato ás seguintes eleccións municipais ao perder o liderado local Henrique Tello fronte a Xose Carril.
En 2012 integrouse en Anova-Irmandade Nacionalista e pertenceu á súa executiva como responsable de comunicación. En febreiro de 2014 dimitiu da executiva de Anova con outros nove membros da dirección,[4] tras a escisión de Cerna.[5]
En abril de 2017 entrou na dirección acabada de nacer de En Marea.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Orde do DOG nº 233 do 01/12/1998 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2017-06-04.
- ↑ "Especial Elecciones Generales 2008. Entrevistas". www.elmundo.es. Consultado o 2017-06-04.
- ↑ Xosé Manuel Pereiro (1995-08-21). "La ele de la discordia". El País (en castelán). Consultado o 2017-06-04.
- ↑ La Opinión de A Coruña. "El exconcejal coruñés Mario López Rico dimite de Anova". Consultado o 2017-06-04.
- ↑ Galicia Hoxe. "López Rico e outras dez persoas materializan o abandono de Anova tras a escisión de Cerna". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 2017-06-04.
- ↑ "Villares tamén será voceiro da coordinadora de En Marea". Praza Pública. Consultado o 2017-06-04.