Henrique de Huntingdon
Nome orixinal | (fr) Henri de Huntingdon |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1080 (Gregoriano) Huntingdonshire, Reino Unido (en) |
Morte | 1160 (Gregoriano) (79/80 anos) Inglaterra, Reino Unido |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia e crónica |
Lugar de traballo | Inglaterra |
Ocupación | cronista, sacerdote católico, escritor, historiador |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Henry of Huntingdon Encyclopædia Britannica |
Henrique de Huntingdon, nado c. 1080 e finado en 1160, foi un historiador inglés do século XII e arcediago de Huntingdon.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A Henrique coñéceselle principalmente polo seu traballo chamado Historia Anglorum (Historia dos Ingleses), que abarca desde a conquista romana do ano -43 até a entronización de Henrique II en 1154. Estímase que o setenta por cento deste traballo foi extraído directamente doutros textos a través de citas directas, traducións e resumos. De devandita porcentaxe, aproximadamente o corenta por cento provén da Historia ecclesiastica gentis Anglorum de Beda. Os datos pertencentes ao período 1126-1154 son orixinais. O propio Henrique foi testemuña dalgúns feitos importantes que se desenvolveron durante o dito período, como son o reinado de Henrique I e Henrique II e a anarquía do reinado de Estevo I. Os seus relatos están cheos de historias dramáticas, sendo moi popular na súa época e influíu noutros historiadores. A súa popularidade, non evitou que se siga crendo que a "Historia dos Ingleses" é un traballo rigoroso, nin tampouco a súa contribución aos debates políticos actuais acerca da pertenza étnica, nacionalidade e a xustificación do goberno sobre Inglaterra e Gales.
Henrique dividiu a Historia inglesa segundo cinco grandes invasións sufridas nas illas: a de romanos, pictos e escotos, anglosaxóns, viquingos e normandos. "Historia dos Ingleses" estaba estruturada, na versión de 1135, en sete libros titulados:
- A dominación dos romanos en Britania.
- A chegada dos anglos.
- A conversión dos anglos.
- O dominio anglo.
- As guerras danesas.
- A chegada dos normandos.
- O dominio normando.
Posteriores versións incluíron tres libros máis, sobre a vida dos santos e outros milagres (incluíndo unha espectacularmente sanguenta descrición da descomposición do corpo de Henrique I), e un resumo dalgunhas partes de Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth.
Henrique foi o precursor da periodización do termo Heptarquía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diana Greenway (tradutora) Henry, Archdeacon of Huntingdon: Historia Anglorum - The History of the English People 1000-1154 (Oxford World's Classics), Oxford University Press, 2002, ISBN 0-19-284075-4.
- Thomas Forester (tradutor), The Chronicle of Henry of Huntingdon, Londres: Henry G. Bohn, 1853; George Bell and Sons, 1876.
- The Chronicle of Henry of Huntingdon, en inglés.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Latin Chroniclers from the Eleventh to the Thirteenth Centuries: Henry of Huntingdon de The Cambridge History of English and American Literature, Volume I, 1907–1921.