Hepatica (anxiosperma)
Hepatica | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hepatica nobilis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Ver texto |
Hepatica [1] é un xénero de plantas herbáceas perennes anxiospermas da familia das ranunculáceas, nativa do centro e norte de Europa, Asia e leste de Norteamérica. Algúns botánicos inclúen Hepatica dentro do xénero Anemone interpretado sensu lato.[2][3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra hepatica deriva do latín hepaticus (do grego hepar, 'fígado'), debido á folla con tres lobos desta planta que lembra ao fígado humano.[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten flores hermafroditas rosas, púrpuras, azuis ou brancas e con tres brácteas verdes que aparecen soas nos talos pelosos desde o final do inverno á primavera. Os polinizadores desta planta son bolboretas, avelaíñas, abellas, moscas e escaravellos.
As follas son basais, duras, e xeralmente con tres lobos, e permanecen na planta durante o inverno.
Cultivo
[editar | editar a fonte]O cultivo ornamental de Hepatica foi popular no Xapón desde o século XVIII (período Edo medio), onde se desenvolveron variedades con flores con pétalos dobres e diversos patróns de cores.[5]
A planta ten unha gran tolerancia aos solos alcalinos derivados de rochas calcarias, e pode crecer nunha ampla variedade de condicións; pode encontrarse en bosques caducos e moi sombreados (especialmente de faias) e matogueiras ou praderías a pleno sol. As Hepatica tamén crecen en substratos areosos ou ricos en arxila, e está asociada ás calcarias. O solo húmido e as nevaradas invernais son un dos seus requirimentos; as Hepatica son tolerantes a estar cubertas pola neve en inverno, pero agunatan peor a xeada seca.
Propagación
[editar | editar a fonte]Faise por sementes ou por división (fragmentación) das vigorosas matas en primavera. Porén, os brotes tardan varios anos en chegar ao tamaño necesario para a floración, e as plantas divididas tardan en engrosar.
Herboristería
[editar | editar a fonte]Antes era usada conmo herba medicinal. Debido á antiga teoría das sinaturas, que dicía que as partes que pola súa forma lembran unha parte do corpo poden utilizarse para tratar as doenzas desa parte do corpo, antes pensábase que a planta era efectiva no tratamento dos trastornos hepáticos. Aínda que é velenosa en altas doses, as follas e flores poden utilizarse como adstrinxente e demulcente para feridas que tardan en curar e como diurético.[2]
Especies
[editar | editar a fonte]Recoñécense entre unha e tres especies de Hepatica, e algúns dos taxons son ás veces tratados como variedades:
- Europa
- Hepatica nobilis var. pyrenaica = Hepatica pyrenaica Pireneos[7]
- Hepatica nobilis var. nobilis de Escandinavia aos Alpes
- Xapón
- Leste de Norteamérica [8][9]
- Hepatica nobilis var. acuta = Hepatica acutiloba, Anemone acutiloba,[10][11][12][13]
- Hepatica nobilis var. obtusa = Hepatica americana, Anemone americana,[11][14]
- Hepatica transsilvanica = Anemone transsilvanica (Fuss) Heuff.[6] Cárpatos, Transilvania
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gleason, H.A. 1952. The new Britton and Brown Illustrated flora of the Northeastern United States and adjacent Canada. Volume 2: The chloripetalous Dicotyledoneae. Hafner Press, New York.
- ↑ 2,0 2,1 John Uri Lloyd; Curtis G. Lloyd (1884–1887). "Drugs and medicines of North America: Hepatica".
- ↑ Sara B. Hoot; Anton A. Reznicek; Jeffrey D. Palmer (Jan–Mar 1994). "Phylogenetic Relationships in Anemone (Ranunculaceae) Based on Morphology and Chloroplast DNA". Systematic Botany 19 (1): 169–200. JSTOR 2419720. doi:10.2307/2419720.
- ↑ Shorter Oxford English dictionary. United Kingdom: Oxford University Press. 2007. p. 3804. ISBN 0199206872.
- ↑ Jon Ardle (2000). "Layers of Complexity". The Garden (Royal Horticultural Society).
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "The Plant List: A Working List of all Plant Species". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ "Hepatica pyrenaica". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ Slattery, Britt E., Kathryn Reshetiloff, and Susan M. Zwicker (2003). "Hepatica nobilis var. obtusa". Native Plants for Wildlife Habitat and Conservation Landscaping: Chesapeake Bay Watershed.
- ↑ "Taxonomic Serial No.: 528379". Integrated Taxonomic Information System.
- ↑ "Anemone acutiloba (de Candolle) G. Lawson". Flora of North America.
- ↑ 11,0 11,1 Alan S. Weakley (April 2008). "Flora of the Carolinas, Virginia, and Georgia, and Surrounding Areas". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2018. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ Slattery, Britt E., Kathryn Reshetiloff, and Susan M. Zwicker (2003). "Hepatica nobilis var. acuta". Native Plants for Wildlife Habitat and Conservation Landscaping: Chesapeake Bay Watershed.
- ↑ "Taxonomic Serial No.: 528378". Integrated Taxonomic Information System.
- ↑ "Anemone americana (de Candolle) H. Hara". Flora of North America.