Herba aquí ou acolá
Herba aquí ou acolá | |
---|---|
Autor/a | Álvaro Cunqueiro |
Orixe | España |
Lingua | galego |
Xénero(s) | poesía |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1988, 1991 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Herba aquí ou acolá é un libro de poemas de Álvaro Cunqueiro. Foi publicado co título de Hierba aquí o allá. Herba aquí ou acolá pola editorial Visor en 1988 e máis adiante, en 1991, pola editorial Galaxia co título Herba aquí ou acolá[1] aínda que xa apareceran varios poemas emblemáticos desa escolma baixo o título "Herba aquí e acolá" no volume I da súa obra completa[2] publicado tamén por Galaxia en 1980[3].
Estrutura
[editar | editar a fonte]A obra está composta por un feixe de poemas nos que Cunqueiro amosa a modernidade da súa escritura. Ten pegadas do vangardismo, do neotrobadorismo e da modernidade. A obra resultou clave na modernización da lírica galega a partir dos anos 80.

E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
En total son 29 poemas estruturados en dúas seccións: As historias e Vellas sombras e novos cantos, o primeiro grupo de poemas é heteroxéneo nas súas formas aínda que xira en tordo ás lendas, mitos e historias mentres o segundo mostra unha maior unidade, é máis lírico[4] cun ton reflexivo e angustiado no que predomina o Eu[5] que enxerga a morte como unha negra sombra[6] pero cunha profunda vontade vitalista.[7]
Edicións e traducións
[editar | editar a fonte]Álvaro Cunqueiro di no limiar da obra que elaborou os poemas recollidos en Herba aquí ou acolá nas dúas últimas décadas, pero Costas matiza que foi entre 1950 e 1979.[8] Miguel González Garcés recolleunos coa intención de publicalos como volume independente nunha colección de poesía, o que finalmente non sucedeu.
En 1988 César Antonio Molina publicou unha edición bilingüe en galego e castelán nunha colección de poesía de Madrid[9]. Foi a primeira edición da obra como libro independente pero non tivo transcendencia no mundo cultural galego[8] e non seguía o aparecido na Obra en galego completa, recollendo case cen poemas.
En 1991 Xosé-Henrique Costas publicou a obra como libro independente, nunha edición moi acrecentada ao engadir máis de 60 poemas á selección. Tamén lle mudou o título, tomándoo do penúltimo poema que aparecía na selección de 1980. A primeira sección titúlase agora Os cantos e as historias mentres a segunda mantén o título. Costas afirma na introdución do libro que os poemas se recolleron ás présas para incluílos nas súas obras completas en galego e, como consecuencia, a estruturación foi inexacta e non se incluíron todos os poemas escritos por Cunqueiro despois do seu último libro de poemas, Dona do corpo delgado (1950). Pola contra o compilador desta edición incluíu aqueles poemas que tiñan relación pero deixou fóra algúns que non tiñan a mesma adscrición.[10] Costas iguala ortograficamente os poemas, pero sen adaptalos ás Normas do galego, senón que segue as solucións que maioritariamente usou o propio Cunqueiro.
En 1993 Jordi Domènech i Soteras publicou unha edición bilingüe en galego e catalán co título de Herba aquí o allà en Edicions 62[11].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bibliografía Arquivado 31 de marzo de 2010 en Wayback Machine. de Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia.
- ↑ Cunqueiro, Alvaro (1991). Herba aquí ou acolá. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-759-7. OCLC 25229411.
- ↑ Cunqueiro, Álvaro (1980). Obra en galego completa. 1, Poesia. Teatro. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-357-5. OCLC 310911794.
- ↑ Molina, C. A.: Antología poética de Álvaro Cunqueiro. Plaza & Janés, 1983, p. 34. (Bilingüe).
- ↑ Luz Pozo Garza Álvaro Cunqueiro e Herba aquí ou acolá. Editorial Galaxia, 1991, páxina 57
- ↑ Méndez Ferrín, X. L.: "Notas á última poesía", artigo no Faro de Vigo, 2 de marzo de 1984.
- ↑ Raña, R.: "Ecos de Cunqueiro", artigo no Faro de Vigo, 3 de marzo de 1985.
- ↑ 8,0 8,1 Introdución de Xosé-Henrique Costas a Herba de aquí ou acolá. Editorial Galaxia, 1991
- ↑ Ficha Arquivado 19 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Anuario de Estudos Literarios Galegos 4. Editorial Galaxia, 2004, páxina 31
- ↑ Ficha Arquivado 19 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.