Saltar ao contido

Herbario Nacional dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Título en pedra do antigo Rijksherbarium en Leiden.

O Herbario Nacional dos Países Baixos, HNPB (en neerladés Nationaal Herbarium Nederland, NHN) é un herbario fundado en 1999, e que consta e tres seccións ou ramas localizadas en Leiden, Utrecht e Wageningen.[1]

Cada rama do HNPB, ademais das follas do propio herbario, tamén dispón dunha biblioteca que inclúe bibliografía botánica e micolóxica desde o século XVI até a actualiade. Durante os últimos 10 anos os datos recompilados recolléronse nunha base de datos que hoxe en día comprende máis de 820 000 entradas. Esta base de datos é unha poderosa ferramenta de investigación que se pode utilizar para moitas finalidades, por exemplo, para avaliacións sobre a biodiversidade. A base de datos, que inclúe tamén imaxes dixitais de todo tipo das súas coleccións, pode consulrase en liña a través da Brahms Database da Universidade de Oxford, e pronto estará dispoñíbel tamén a través do GBIF.[1]

O herbario tamén contén plantas cultivadas, tanto alimenticias coma ornamentais. As tres ramas teñen tamén unha extensa colección de zumes e mostras de madeira.[1]

O NHPB coordina varios proxectos de flora. A "Flora de Malesia" e a "Flora das Güainas" teñen o seu asento en Leiden, mentres que a "Flora de Benin" e a "Flore de Gabón" están coordinadas desde Wageningen.[2]

Sección en Leiden

[editar | editar a fonte]
Cereais secos e outros produtos, na sección de Leiden (foto de 2007).

A sección de Leiden, depedente da Universidade de Leiden, tamén coñecida como Rijksherbarium, foi fundada en Bruxelas en 1829, xusto antes do estalido da Revolución belga de 1830, con Carl Ludwig Blume (1796-1862) como director. Ao estalar da guerra, Philipp Franz von Siebold evacuou persoalmente as coleccións do herbario. Leiden foi elixida como a súa nova localización. Que un grande como Von Siebold, que aínda é o hoxe o holandés máis famoso no Xapón, estivera implicado neste herbario xa di moito sobre a súa importancia. Despois dun auxe no século XIX perdeu o seu lugar destacado na ciencia neerlandesa. Un punto de inflexión foi o nomeamento de Herman Johannes Lam, en 1933, que o puxo de novo no mapa, ao igual que o seu sucesor Cornelis van Steenis, de xeito que despois da segunda guerra mundial converteuse no maior herbario neerlandés con catro millóns de follas de herbario.[3]

As coleccións desta sección albergan ao redor de 4,1 millóns de espécims de plantas, con énfase na flora de Europa, especialmente dos Países Baixos, e da do sueste asiático.[1]

Sección de Utrecht

[editar | editar a fonte]

As coleccións conservadas na Universiade de Utrecht, iniciadas en 1816, comprenden máis de 800 000 espécimes, principalmente da América tropical (rexión neotropical).[1]

O herbario de Utrecht foi pechado e en 2009 as súas coleccións foron trasladadas ao de Leiden, onde está dirixida polo Centro de Biodiversidade Natural. Está previsto que este centro e o Museo de Historia Natural dos Países Baixos dirixan o Herbario Nacional dos Países Baixos.[4]

Sección de Wageningen

[editar | editar a fonte]

A maioría das coleccións da sección da Universidade de Wageningen, iniciadas en 1896, conteñen ao redor de 800 000 espécimes procedentes da África tropical (África central e occidental.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 National Herbarium of The Netherlands (en inglés).
  2. "NHN". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 9 de xullo de 2020. 
  3. Rijksherbarium Leiden Arquivado 09 de xullo de 2020 en Wayback Machine. (en inglés).
  4. "Utrecht herbarium". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 9 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]