Heriberto Fuertes Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | agosto de 1948 ![]() A Cañiza, España ![]() |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico, político ![]() |
Heriberto Fuertes Gómez, finado na Cañiza en agosto de 1948, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gerardo Fuertes e María Gómez. Foi un dos promotores con Modesto Álvarez Vázquez, José Benito González Álvarez e Emilio Rodríguez Arias do periódico Nueva Cañiza.[1] Médico da Cañiza, na Segunda República foi elixido concelleiro da Cañiza.[2][3] Presidente de Izquierda Republicana da Cañiza, foi proposto polo Bloque Popular de Izquierdas como alcalde en abril de 1936.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e encarcerado en Vigo. En 1939 pasou a ser médico do Hío.[5] Foi nomeado médico de asistencia pública domiciliaria de Covelo en 1942,[6] e de Crecente en 1945.[7] Finou nun accidente de tráfico a principios de agosto de 1948, cando regresaba de certificar unha morte.[8][9]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Cañiza con Nazareth Bacelar Queimadelos, filla de Antonio Bacelar Vesteiro, en 1928,[10] e foi pai de José Gerardo, Juan, Heriberto Alejandro e Carlos Antonio Fuertes Bacelar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 7-1-1930, p. 9.
- ↑ El Tea, 13-6-1931, p. 2-3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-2-1933, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-4-1936, p. 9.
- ↑ Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, 1-11-1939, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-7-1942, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-11-1945, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-8-1948, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-8-1948, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 20-12-1928, p. 2.