Nueva Cañiza
Nueva Cañiza | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1927 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Cañiza |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nueva Cañiza foi un semanario editado na Cañiza entre 1927 e 1933.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado inicialmente Semanario local independiente defensor de los intereses de la comarca apareceu en xuño de 1927. Tivo unha segunda época a partir de 1929 e en 1931 cambiou o subtítulo por Semanario local independiente, defensor de los intereses obreros y agrarios de la comarca. Promovido por Modesto Álvarez Vázquez, Heriberto Fuertes Gómez, José Benito González Álvarez e Emilio Rodríguez Arias.[1] Editado en Ribadavia na imprenta de El Ribadaviense, estivo dirixido por Modesto Álvarez Vázquez e despois por Gerardo Fuertes Gómez. Ofrecía información da vila e das poboacións do redor, ademais de crónicas dos emigrantes en Buenos Aires ou Río de Xaneiro. Na súa segunda etapa caracterizouse polo espírito progresista, o apoio ao réxime republicano e o entusiasmo polo Estatuto de Galicia. Incluíu espazos en galego. Entre os seus colaboradores figuraron José Benito González Álvarez, Valentín Paz-Andrade e Álvaro das Casas. Cesou a súa publicación en 1933.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 7-1-1930, p. 9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Nueva Cañiza". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Prensa agraria en Galicia. Ourense: Duen de Bux. p. 114. ISBN 84-932078-3-7.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.