El Ribadaviense
El Ribadaviense | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ribadavia |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Ribadaviense foi un semanario editado en Ribadavia entre 1900 e 1936.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Periódico defensor de intereses generales, apareceu en 1900.[1] Cambiou despois o seu subtítulo por Periódico independiente de intereses generales e a partir de 1931 Decano de los semanarios de España. Fundado e dirixido por Máximo Tomé González ata a súa morte en 1925. Editábase nos seus propios obradoiros tipográficos. De tendencia liberal nun principio e afecto ao deputado Adolfo Merelles Martel, co tempo converteuse en republicano, progresista e galeguista. Logo da morte de Máximo Tomé en novembro de 1925 fíxose cargo da dirección Hermenegildo Rodríguez Casas,[2] quen lle deu entrada ás colaboracións de coñecidos galeguistas. Incluíu información da comarca do Ribeiro e traballos de divulgación agraria. Foi rival de Noticiero del Avia. Cesou a súa publicación en 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ribadaviense, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Ribadaviense, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 138–139. ISBN 84-505-5721-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prensa local de Ribadavia na Biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia.