Saltar ao contido

Hermann Klaatsch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHermann Klaatsch

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1863 Editar o valor en Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1916 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Eisenach, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Heidelberg
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnatomía, antropoloxía, antropoloxía física e paleontoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Heidelberg
Wrocław Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónantropólogo, anatomista, médico, paleontólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Heidelberg
Universidade de Breslau Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiAugust Hermann Martin Klaatsch Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Клаач Герман)
Heidelberg Scholar Lexicon 1803–1932 (en) Traducir, (p.136)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata


Klaatsch ensinou anatomía e antropoloxía en Breslau (Universidade de Wrocław).

Hermann Klaatsch, nado o 10 de marzo de 1863 e finado o 5 de xaneiro de 1916, foi un médico, anatomista, antropólogo físico e evolucionista alemán, profesor da Universidade de Heidelberg dese 1890, e da Universidade de Breslau (Wrocław) ata 1916.[1]

Klaatsch estudou teoría evolutiva, sendo mencionado nalgúns libros de pegadas dactilares polos seus estudos iniciais sobre o desenvolvemento das cristas e sucos da pel de fricción. Investigou as xemas palmares dos dedos asociadas cos padróns epidérmicos, agrupando xuntas as xemas de humanos e primates. Posteriormente a Arthur Kollmann, Klaatsch tamén lles deu nomes a varios tipos de xemas en 1888.[2]

Klaatsch fixo moitos descubrimentos e era partidario de separar a antropoloxía da relixión.[1]

Vida e obra

[editar | editar a fonte]

Klaatsch naceu en Berlín, fillo dun médico. De neno mostrou interese en coleccionar espécimes e nas ciencias naturais. Graduouse na escola (gymnasium) Königliches Wilhelms en 1881 e estudou medicina e bioloxía na Universidade de Heidelberg. Posteriormente seguiu os seus estudos na Universiade de Berlín e na estación biolóxica de Villefranche.[3]

Klaatsch empezu a traballar no laboratorio de Rudolf Virchow e no Hospital Augusta. En 1885, converteuse en axudante científico no instituto anatómico baixo a dirección de Waldeyer, e obtivo o título de doutor (M.D.).[1]

En 1888, Klaatsch recibiu unha invitación persoal á Universidade de Heidelberg dun vello amigo colega, Karl Gegenbaur, que foi o primeiro que o fixo interesarse pola anatomía. En 1890 Klaatsch empezou a ensinar alí.[3]

Entre 1904 e 1907, Klaatsch viaxou a Australia e Xava para estudar os pobos nativos. Deespois publicou os artigos dos seus descubrimentos.[3]

Coa súa esposa Julie Klaatsch, de solteira Schwendler (1829-1895), tivo tres fillos: Clara Klaatsch, casada con von Gossler (1857-1931), Hermann Klaatsch (1863-1916) e Julie Klaatsch, casada con von Hake (1867-1910).

Período en Australia

[editar | editar a fonte]

De 1904 a 1907 emprendeu unha viaxe a Australia por suxestión do seu amigo e colega de profesión o antropólogo e prehistoriador de Heidelberg Otto Schoetensack, o cal tiña a teoría de que a humanidade se orixinara en Australia. Nese período viaxou por diversas partes de Australia e foi a Xava. Aínda que non atopou probas de que Australia fose o berce da humanidade, tomou notas, fixo debuxos e recolleu máis de 2000 obxectos etnográficos dos aborixes australianos, que enviou a museos de Alemaña.[4]

En Queensland, Australia o seu principal contacto foi Walter Roth; despois de pasar algún tempo examinando as coleccións privadas de Roth en Brisbane, en xuño de 1904 Klaatsch viaxou ao norte a Newellton, preto de Cairns, onde foi hóspede de F.E. Clotten da Lancelot Tin Mining Company. Preto de alí mostráronlle campamentos de aborixes en abrigos rochosos, examinou primeiro a arte pictórica das rochas decoradas polos aborixes, e coleccionou ferramentas líticas.[5] Despois pasou algún tempo na illa Melville.

Klaatsch tiña unha gran conexión co norte de Queensland porque volveu ao río Russel Superior ao final de 1904, onde adquiriu o corpo momificado do 'rei de Bellenden Ker', que enviou a Berlín.[6] Herman Klaatsch escavou tumbas aborixes para obter material para a súa propia colección. As evidencias históricas mostran que algúns pobos indíxenas se opuxerons á retirada de restos humanos e de facelo podería haber graves consecuencias. El escavou unha tumba pola noite e informou que o seu axudante fora posteriormente matado por esa causa, e foi tamén perseguido e expulsado da área de Normanton por nativos que lle chemaban ‘demo demo’ debido á súa actividade de saquear as tumbas.[7]

Retorno a Breslau

[editar | editar a fonte]

Cando volveu da súa viaxe, Klaatsch empezou a ensinar anatomía e anropoloxía na Universidade de Breslau (Wroclaw). En 1912 ensinou un curso de anatomía topográfica. Durante esa época en Breslau, Oetteking describiu outros logros de Klaatsch: "Ademais da súa actividade como profesor na Universidade, Klaatsch tiña varios cargos honorarios, académicos e gobernamentais, e o seu goberno honrouno concedéndolle varias ordes."[1]

Klaatsch foi un activo membro do congreso anual de anatomistas e foi orador en case todas as xuntanzas.

Klaatsch tamén escribiu moitos artigos, todos na súa lingua nativa, o alemán. Nos artigos máis importantes escribiu as semellanzas comparadas entre os aborixes australianos e os neandertaloides en canto ás estruturas óseas. Tamnén escribiu sobre os restos esqueléticos atopados no sur de Francia en 1913.[3]

Foi ben coñecido polos seus estudos anatómicos comparativos de primates e o seu traballo sobre a historia tribal e racial. Tamén fixo unha contribución significativa á primeira descrición da mandíbula de Mauer do Homo heidelbergensis. Klaatsch foi un dos científicos que sostiña a opinión de que os humanos non puideron terse orixinado a partir dos simios.[3]

A contribución máis importante de Klaatsch foi moi polémica. Segundo Oetteking,[8] "Klaatsch foi un dos primeiros que avogaba enerxicamente por unha clara separación da relixión e a ciencia.[1] Oetteking engadiu que "pode ser difícil para nós… decatarnos de que unha concepción da antropoloxía que a eleve ao nivel dunha ciencia académica non se remonta nin sequera a unha xeración (en 1916), e débese a espiritos do tipo de Klaatsch."[1]

Klaatsch cambiou a maneira en que se ensinaba a antropoloxía.

Hermann Klaatsch morreu inesperadamente en Eisenach en 1916. O seu principal traballo foi reunido postumamente polos seus colegas.[9]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Hermann Klaatsch Arquivado 2006-08-31 en Wayback Machine." (biografía), Aaron Possis, Minnesota State University, Mankato, Mankato, Minnesota, 2003.
  2. "Michele Triplett's Fingerprint Terms: K Arquivado 2006-10-16 en Wayback Machine." (sección de "Klaatsch, Dr. Hermann"), Michele Triplett, 2006.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Matthew Goodrum. Biographical Dictionary of the History of Paleoanthropology. Hermann Klaatsch (1863-1916).
  4. Francisco Pelayo. Hermann Klaatsch and his photographic representations of Australian aborigines during his scientific trip through Australia (1904-1907). Instituto de Historia - CSIC. [1]
  5. Klaatsch, Hermann 1908. "Die Steinartefakte der Australier und Tasmanier, verglichen mit denen der Urzeit Europas". Zeitschrift für Ethnologie 40: 407-428
  6. Klaatsch, Hermann 1905. "Mumie aus Australien." Zeitschrift für Ethnologie 37: 772 781
  7. "What was the Indigenous response to the removal of Ancestral Remains?". 
  8. Oetteking, Bruno."Hermann Klaatsch" (artigo), American Anthropologist, Vol. 18 pp. 422–425, Nova York, 3 de novembro de 1916. JSTOR 660317
  9. Klaatsch, Hermann 1923. The evolution and progress of mankind. Londres: T. Fischer Unwin Ltd

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "Hermann Klaatsch." In Biographical Dictionary of the History of Paleoanthropology. Editado por Matthew R. Goodrum. (2016) dispoñible en https://drive.google.com/file/d/12ilmb-txB6oe7SkbM6mLTao7H4wZWDHX/view
  • Gaston Mayer: Klaatsch, Hermann. In: Neue Deutsche Biographie (NDB). Band 11, Duncker & Humblot, Berlin 1977, ISBN 3-428-00192-3, S. 697 f. (Dixitalizado).
  • Walter Jankowsky: Hermann Klaatsch und die Entwicklung der modernen Anthropologie. In: Walter Jankowsky (Hrsg.): Abhandlungen aus dem Gebiet der Anthropologie. Darmstadt 1962, S. 25–31.
  • Corinna Erckenbrecht: Vom Forschungsziel zur Sammelpraxis. Die Australienreise und die völkerkundliche Sammlung Hermann Klaatsch im Lichte neuer Quellen. In: Kölner Museums-Bulletin. Berichte und Forschungen aus den Museen der Stadt Köln 3, 2006, S. 25–36.
  • Corinna Erckenbrecht: Auf der Suche nach den Ursprüngen: Die Australienreise des Anthropologen und Sammlers Hermann Klaatsch 1904–1907. In: Ethnologica N.F. 27, 2010. Köln, Wienand-Verlag.
  • Meyers Enzyklopädisches Lexikon. Bibliographisches Institut, Lexikonverlag, Mannheim/Wien/Zürich 1975, Band 13, S. 735.
  • Hans Kraemer (Herausgeber): Weltall und Menschheit. Bong, Berlin und Leipzig 1902.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]