Saltar ao contido

Homo heidelbergensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Homo heidelbergensis
Rango fósil: Plistoceno,
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Tribo: Hominini
Subtribo: Hominina
Xénero: Homo
Especie: H. heidelbergensis
Nome binomial
'Homo heidelbergensis'
Schoetensack, 1908

Homo heidelbergensis (algunhas veces chamado Homo rhodesiensis) é unha especie extinta do xénero Homo que viviu en África, Europa e Asia occidental desde hai polo menos 600 mil anos, mesmo podería ascender a 1.3 millóns de anos a súa orixe. Sobreviviu ata hai 200-250 mil anos. É probablemente o antecesor de Homo sapiens en África e dos Neanderthais en Europa, incluso dos Denisovanos en Asia. O primeiro fósil foi atopado en 1907 en Alemaña por Otto Schoetensack[1][2][3].

Morfoloxía e interpretacións

[editar | editar a fonte]

Tanto H. antecessor coma H. heidelbergensis son antecesores comúns do morfoloxicamente moi similar do africano Homo ergaster. Mais, H. heidelbergensis tiña unha ampla cavidade cranial, con volume de entre 1100–1400 cm3 (superior ao actual humano de 1350 cm3), e tiña un comportamento máis avanzado no uso de ferramentas e en comportamento, e por iso se lle deu unha clasificación de especie separada. O macho de H. heidelbergensis tiña de media unha estatura de 1.75 metros e 62 kg e as femias unha media de 1.57 metros e 51 kg de peso.[4]. Unha reconstrución de 27 ósos de perna do sitio arqueolóxico de Atapuerca Burgos axudaron a determinar o peso de H. heidelbergensis en comparanza con Homo neanderthalensis concluíndo que H. heidelbergensis tiña de media uns 1.70 cm e que eran só un chisco lixeiramente máis altos cós Neanderthais [5]. Outras publicacións baseadas en estudos de poboacións surafricanas indican que algunhas poboacións chegaban a alturas desmesuradas de ata 2,13 metros[6].

Comportamento social

[editar | editar a fonte]
Homo heidelbergensis: unha reconstrución facial aproximada

O descubrimento en Atapuerca de 28 esqueletos humanos suxire que H. heidelbergensis sería a primeira especie, xa no paleolítico, de Homo en enterrar os seus parentes[7].

Algúns expertos [8] postulan que H. heidelbergensis, así coma os seus descendentes, coma H. neandertalensis, tiñan formas de comunicación oral, fala, primixenia. Non se lles detectou elaboración de arte ou artefactos sofisticados máis o ocre roxo, un mineral que pode ser empregado para crear pigmentación roxa útil para debuxar, localizouse asociado a sitios arqueolóxicos da especie, en concreto en Terra Amata, no sur de Francia.

A morfoloxía do oído externo e medio suxire que tiñan unha sensibilidade auditiva similar aos humanos modernos e moi diferente dos chimpancés. Eran probablemente capaces de diferenciar moitos sons diferentes[9]. O desgaste dental suxire que eran seguramente tan destros coma os humanos modernos[10]. H. heidelbergensis era o máis achegado filoxeneticamente a Homo ergaster. Pénsase que H. ergaster foi o primeiro homínido en vocalizar[8] e que desenvolveu a cultura máis sofisticada que houbo ata ese momento.

Evidencias de caza

[editar | editar a fonte]

Existen restos en Suráfrica de hai 500 mil anos que mostran puntas de pedra con mango que foron usadas para cacerías e tamén usadas varias veces para o traballo. Iso suxire que os humanos modernos e Neanderthais herdaron as lanzas de pedra, e non desenvolveron a tecnoloxía independentemente.[11].

Evolución diverxente

[editar | editar a fonte]
Homo heidelbergensis: réplica do cranio de Steinheim

A causa da radiación de H. heidelbergensis fóra de África, as poboacións africanas e europeas illáronse case completamente durante os períodos interglaciares de Wolstonian e Eemian, os últimos máis prolongados do período glacial do Cuaternario. Os Neanderthais diverxeron do H. heidelbergensis seguramente hai 300 mil anos en Europa, durante o período interglaciar de Wolstonian, e Homo sapiens probablemente entre hai 200 mil e 100 mil anos en África. Os fósiles de Atapuerca e o cranio de Kabwer poderían mostrar a diverxencia de Homo heidelbergensis nas dúas especies.

Homo neanderthalensis retivo a meirande parte das características de H. heidelbergensis. Inda que máis pequenos, os Neanderthais eran máis robustos, con arcos ciliares máis amplos, unha cara lixeiramente máis protuberante e carecendo dunha testa prominente. Agás coa excepción dos homes de Cro-Magnon, tiñan un cerebro moito máis voluminoso ca calquera outro homínido. Homo sapiens, pola outra banda, tiña un volume cerebral maior ca Homo heidelbergensis pero menor ca Homo neandertalensis. Homo sapiens foi o único homínido coñecido cunha ampla testa, cara plana, estreito de corpo e de pés reducidos.

Os escenarios propostos para a explicación da evolución a partir de H. heidelbergensis son:

Os que apoian a orixe multirrexional dos humanos modernos baséanse nunha reprodución fértil entre moitos estadios evolutivos dos homínidos[12] ou na transferencia xénica entre poboacións próximas por fluxo xénico e mantemento en posteriores xeracións.

Descubrimento

[editar | editar a fonte]
Réplica dun espécime do sitio arqueolóxico de Mauer

O primeiro descubrimento fósil desta especie fíxose en 1907 en Mauer, Alemaña, cando o obreiro Daniel Hartmann observou unha mandíbula nun areal. A mandíbula, Mauer 1, estaba nun bo estadio de conservación, agás os dentes premolares perdidos, que foron despois atopados preto dela.

Os seguintes restos de H. heidelbergensis atopáronse en Steinheim an der Murr, Alemaña; Arago, Francia; Petralona, Grecia; Ciampate del Diavolo, Italia; Dali, Jinniushan e Maba, China. En 1925–1926 acháronse os cranios de "Galileo" en Mugharet el-Zuttiyeh en Israel, que foran os primeiros fósiles dos primeiros homínidos atopados na Asia occidental[13].

Sima de los Huesos

[editar | editar a fonte]

A partir de 1992 o equipo español de escavación do sitio arqueolóxico localizou en Atapuerca máis de 5.500 ósos humanos que datan de polo menos 350 mil anos. No sitio arqueolóxico apareceron fósiles de quizais 32 individuos humanos, restos de Ursus deningeri e doutros carnívoros, e mais unha biface que foi chamada Excalibur[14]. Postúlase que este machado feito de cuarcita vermella destinábase a algún tipo de ritual de ofrenda ou funeral. Se é así, sería a primeira proba de prácticas funerarias[14]. O 90% dos restos de Ho. heidelbergensis foron obtidos neste sitio arqueolóxico. Os restos óseos inclúen:

  • Un cranio completo, chamado Miguelón, e fragmentos doutros cranios coma o Agamenón, cranio 6 ou Rui,
  • Unha pelve humana completa, co alcume de Elvis
  • Mandíbulas, dentes e ósos poscraniais, fémures e ósos de pés, da columna cervical etc.

En sitios próximos apareceron restos do controvertido Homo antecessor H. neanderthalensis[15].

O Home de Boxgrove

[editar | editar a fonte]

En 1994 atopouse un pequeno óso de tibia de homínido a pouca distancia da Canle de Inglaterra, na pedreira de Boxgrove, xunta con centos de machados de man. Ese fragmento de óso de perna data de entre 478-524 mil anos. Nese sitio arqueolóxico atopáronse máis adiante dentes de H. heidelbergensis. Esta foi a primeira especie de proto-humanos que ocupou tanto Francia coma Gran Bretaña que, nese momento, estaban conectadas por unha masa de terra.

A tibia estaba roída por un gran carnívoro, o que suxire que fora matado por un león ou lobo ou que fora desenterrado e roído despois do seu enterramento[16].

Schöningen, Alemaña

[editar | editar a fonte]

As lanzas de Schöningen son oito lanzas de pau da época do paleolítico que se atoparon entre o 1994 e 1998 nunha mina de lignito en Schöningen, no distrito alemán de Helmstedt. A canda elas apareceron os restos de ósos de 16,000 animais. Cunha antigüidade de 300 mil anos [17][18][19][20][21] son a máis vella e completa colección de lanzas en todo o mundo e considéranse a primeira evidencia de actividade de caza do Homo heidelbergensis.

Suffolk, Inglaterra

[editar | editar a fonte]

En 2005 localizáronse restos de ferramentas de sílex e de dentes nas fontes de auga de Mimomys savini. Datarían de hai 700 mil anos co que poderían ser resultado dun posible entrecruzamento entre H. antecessor e H. heidelbergensis'[22][23][24][25][26].

  1. [1] Natural History Museum, London. Homo heidelbergensis.
  2. [2] Homo heidelbergensis : Evolutionary Tree information. Smithsonian National Museum of Natural History
  3. Aurélien et al. Is Homo heidelbergensis a distinct species? New insight on the Mauer mandible. Journal of Human Evolution. Vol. 56, 3, páx 219–46. 2009.
  4. [3] Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Evolution of Modern Humans: Homo heidelbergensis. Behavioral Sciences Department, Palomar College
  5. [4] Carretero et al.. Stature estimation from complete long bones in the Middle Pleistocene humans from the Sima de los Huesos, Sierra de Atapuerca (Spain). 2012. Journal of Human Evolution. Volume 62, 2, páx. 242–55
  6. [5] Lee et al.The Naked Scientist. Our Story: Human Ancestor Fossils. Publicado Nov. 2007.
  7. The Mystery of the Pit of Bones, Atapuerca, Spain: Species Homo heidelbergensis. Smithsonian Institution. Accedido o 4/09/2013.
  8. 8,0 8,1 Mithen, Steven (2006). The Singing Neanderthals, ISBN 978-0-674-02192-1.(en inglés)
  9. Martinez et al.. Auditory capacities in Middle Pleistocene humans from the Sierra de Atapuerca in Spain. Proceedings of the National Academy of Sciences. Vol 101, 27, páx 9976–81
  10. Marina et al.. Right handedness of Homo heidelbergensis from Sima de los Huesos (Atapuerca, Spain) 500,000 years ago. Evolution and Human Behavior. Vol 30, 5. páx 369–76.
  11. [6] Wilkins et al.. Evidence for Early Hafted Hunting Technology. Science. Vol 338, 6109, páx 942–6
  12. Athreya et al.. Capítulo "Was Homo heidelbergensis in South Asia? A test using the Narmada fossil from central India". The Evolution and History of Human Populations in South Asia. Serie "Vertebrate Paleobiology and Paleoanthropology. 2007
  13. [7]"The Human Lineage" por Cartmill, Matt and Smith, Fred H.
  14. 14,0 14,1 Os primeiros Europeos - hai un millón de anos. BBC (en inglés)
  15. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2013. 
  16. A History of Britain, Richard Dargie (2007), páx. 8–9 (en inglés)
  17. Hartmut Thieme, Reinhard Maier (Hrsg.): Archäologische Ausgrabungen im Braunkohlentagebau Schöningen. Landkreis Helmstedt, Hannover 1995. (en alemán)
  18. Hartmut Thieme: Die ältesten Speere der Welt – Fundplätze der frühen Altsteinzeit im Tagebau Schöningen. In: Archäologisches Nachrichtenblatt 10, 2005, S. 409-417.(en alemán)
  19. Michael Baales, Olaf Jöris: Zur Altersstellung der Schöninger Speere. In: J. Burdukiewicz u. a. (Hrsg.): Erkenntnisjäger. Kultur und Umwelt des frühen Menschen. Veröffentlichungen des Landesamtes für Archäologie Sachsen-Anhalt 57, 2003 (Festschrift Dietrich Mania), S. 281-288.(en alemán)
  20. O. Jöris: Aus einer anderen Welt – Europa zur Zeit des Neandertalers. In: N. J. Conard u. a. (Hrsg.): Vom Neandertaler zum modernen Menschen. Ausstellungskatalog Blaubeuren 2005, S. 47-70.(en alemán)
  21. Hartmut Thieme, Reinhard Maier (Hrsg.): Archäologische Ausgrabungen im Braunkohlentagebau Schöningen. Landkreis Helmstedt, Hannover 1995.
  22. Parfitt.S et al.'The earliest record of human activity in northern Europe', Nature. Vol 438 páx.1008-1012, 2005.
  23. Roebroeks et al.Archaeology: Life on the Costa del Cromer. Nature. Vol 438. 2005.
  24. [8] Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine. Parfitt et al.. 700,000 years old: found in Suffolk. British Archaeology. Vol 86. 2006.
  25. [9] Good, C. e Plouviez, J. The Archaeology of the Suffolk Coast. Suffolk County Council Archaeological Service. 2007.
  26. [10] Tools unlock secrets of early man. BBC News. 2005.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]