Homo sapiens sapiens
- Artigo principal: Ser humano.
Homo sapiens sapiens | |
---|---|
Macho e femia Homo sapiens (home e muller do pobo akha en Tailandia, foto de 2010) | |
Taxonomía | |
Reino: | Animalia |
Filo: | Chordata |
Clase: | Mammalia |
Orde: | Primates |
Suborde: | Haplorrhini |
Infraorde: | Simiiformes |
Familia: | Hominidae |
Subfamilia: | Homininae |
Tribo: | Hominini |
Genus: | Homo |
Especies: | Homo sapiens
|
Nomenclatura binomial | |
Homo sapiens Linnaeus, 1758 | |
Subespecies | |
H. sapiens sapiens |
|
†H. s. idaltu | |
† H. s. neanderthalensis(?) | |
†H. s. rhodesiensis (?) | |
(outras propostas) |
Homo sapiens sapiens é a única especie viva do xénero Homo ou xénero humano. H. sapiens é a única especie que sobrevive do xénero Homo. O homo sapiens chámase ás veces "humanos anatomicamente modernos". Homo sapiens sapiens é a única subespecie sobrevivente dos homo sapiens, alén das extintas Homo sapiens idaltu, Homo sapiens rhodesiensis e outras propostas ou máis difusas como homo sapiens arcaico.
Orixe
[editar | editar a fonte]A recente orixe africana dos humanos modernos é o modelo principal da orixe e dispersión dos humanos anatomicamente modernos.[3]
A hipótese de que os humanos teñen unha única orixe foi publicada en The Descent of Man (1871), de Charles Darwin. O concepto está apoiado por un estudo do ADN mitocondrial actual, e con evidencias baseadas na antropoloxía física dos humanos fósiles. Segundo a evidencia xenética e fósil, as versións máis antigas do Homo sapiens evolucionaron só en África, hai entre 200.000 e 100.000 anos, cos membros dunha rama que abandonaron África hai 90.000 anos e ao longo do tempo substituíron a poboacións humanas anteriores como os Neandertais e o Homo erectus.
A recente orixe única dos humanos modernos no leste de África é a posición case consensuada da comunidade científica.[4] [5] [6] [7]
A secuenciación do xenoma completo de Neandertal (Neanderthal genome project) suxire que os neandertais e algúns humanos modernos comparten algunhas antigas liñaxes xenéticas. Os autores do estudo suxiren que os seus descubrimentos son consistentes coa mestura de neandertais de até un 4% nalgunhas poboacións. Non se coñece o motivo desta mestura. En agosto de 2012, un estudo suxeriu que a superposición de ADN é un resto dun antepasado común tanto dos neandertais como dos humanos modernos.[8] [9]
Evolución
[editar | editar a fonte]O período de tempo para a evolución do xénero Homo a partir do último antepasado común é de hai aproximadamente 10 a 2 millóns de anos, o de H. sapiens a partir do Homo erectus hai aproximadamente 1,8 a 0,2 millóns de anos.
O estudo científico da evolución humana está principalmente relacionado co desenvolvemento do xénero Homo, pero normalmente implica o estudo doutros homínidos e homininae, como o Australopithecus. Os "humanos modernos" defínense como a especie Homo sapiens, da que a única subespecie viva é coñecida como Homo sapiens sapiens.
Homo sapiens idaltu, a outra subespecie coñecida, xa está extinta.[10] Homo neanderthalensis, que se extinguiu hai 30.000 anos, ás veces foi clasificado como unha subespecie, "Homo sapiens neanderthalensis". Os estudos xenéticos suxiren agora que o ADN funcional dos humanos modernos e dos neandertais diverxeu hai 500.000 anos.[11]
Do mesmo xeito, os exemplares descubertos da especie Homo rhodesiensis foron clasificados por algúns como subespecies, pero esta clasificación non é amplamente aceptada.
Os primeiros fósiles da especie
[editar | editar a fonte]Ata hai pouco tempo pensábase que os humanos anatomicamente modernos apareceron por primeira vez no rexistro fósil de África hai uns 195.000 anos. Estudos de bioloxía molecular suxeriron que o tempo aproximado de diverxencia do antepasado común de todas as poboacións humanas modernas foi hai 200.000 anos.[12] [13] [14] [15] [16] O amplo estudo da diversidade xenética africana descubriu que o pobo ǂKhomani San (Khoisa) tiña a maior diversidade xenética entre as 113 poboacións distintas mostradas, converténdoas nun dos 14 "conglomerados de poboacións ancestrais". A investigación tamén puxo a orixe da migración humana moderna no suroeste de África, preto da fronteira costeira de Namibia e Angola.[17] [18]
Na década de 1960 un xacemento arqueolóxico en Jebel Irhoud en Marrocos foi datado como uns 40.000 anos de antigüidade, pero foi redatado na década de 2000. Agora pénsase que ten entre 300.000 e 350.000 anos de antigüidade. A forma do cranio é case idéntica á dos humanos modernos, aínda que a mandíbula é diferente.[19]
As forzas da selección natural continuaron operando sobre as poboacións humanas, con evidencia de que certas rexións do xenoma humano mostran selección nos últimos 15.000 anos.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IUCN (2008-06-30). "Homo sapiens: Global Mammal Assessment Team: The IUCN Red List of Threatened Species 2008: e.T136584A4313662" (en inglés). doi:10.2305/iucn.uk.2008.rlts.t136584a4313662.en.
- ↑ Stringer, Chris (2012-05). "What makes a modern human". Nature (en inglés) 485 (7396): 33–35. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/485033a.
- ↑ Jungers, William L.; Grabowski, Mark; Hatala, Kevin G.; Richmond, Brian G. (2016-07-05). "The evolution of body size and shape in the human career". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences (en inglés) 371 (1698): 20150247. ISSN 0962-8436. PMC 4920302. PMID 27298459. doi:10.1098/rstb.2015.0247.
- ↑ Liu, Hua; Prugnolle, Franck; Manica, Andrea; Balloux, François (2006-08). "A Geographically Explicit Genetic Model of Worldwide Human-Settlement History". The American Journal of Human Genetics 79 (2): 230–237. ISSN 0002-9297. PMC 1559480. PMID 16826514. doi:10.1086/505436.
- ↑ "Out of Africa Revisited". Science (en inglés) 308 (5724): 921g–921g. 2005-05-13. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.308.5724.921g.
- ↑ Stringer, Chris (2003-06). "Out of Ethiopia". Nature (en inglés) 423 (6941): 693–695. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/423692a.
- ↑ "Migration". asa3.org (en inglés).
- ↑ Jha, Alok; correspondent, science (2012-08-13). "Study casts doubt on human-Neanderthal interbreeding theory". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-02-15.
- ↑ Anders Eriksson e Andrea Manica Effect of ancient population structure on the degree of polymorphism shared between modern human populations and ancient hominins PNAS 2012 : 1200567109v1-201200567.
- ↑ Human evolution: the fossil evidence in 3D, by Philip L. Walker and Edward H. Hagen, Dept. of Anthropology, University of California, Santa Barbara.
- ↑ Green, Richard E.; Krause, Johannes; Ptak, Susan E.; Briggs, Adrian W.; Ronan, Michael T.; Simons, Jan F.; Du, Lei; Egholm, Michael; Rothberg, Jonathan M. (2006-11). "Analysis of one million base pairs of Neanderthal DNA". Nature (en inglés) 444 (7117): 330–336. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/nature05336.
- ↑ "New Clues Add 40,000 Years to Age of Human Species". www.nsf.gov (en English). Consultado o 2023-02-15.
- ↑ "news.bbc.co.uk; Age of ancient humans reassessed" (en inglés).
- ↑ "The Oldest Homo Sapiens: Fossils Push Human Emergence Back To 195,000 Years Ago". ScienceDaily (en inglés). Consultado o 2023-02-15.
- ↑ Alemseged, Zeresenay; Coppens, Yves; Geraads, Denis (2002-02). "Hominid cranium from Omo: Description and taxonomy of Omo-323-1976-896". American Journal of Physical Anthropology (en inglés) 117 (2): 103–112. ISSN 0002-9483. doi:10.1002/ajpa.10032.
- ↑ Stoneking, Mark; Soodyall, Himla (1996-12-01). "Human evolution and the mitochondrial genome". Current Opinion in Genetics & Development (en inglés) 6 (6): 731–736. ISSN 0959-437X. doi:10.1016/S0959-437X(96)80028-1.
- ↑ Henn, Brenna M.; Gignoux, Christopher R.; Jobin, Matthew; Granka, Julie M.; Macpherson, J. M.; Kidd, Jeffrey M.; Rodríguez-Botigué, Laura; Ramachandran, Sohini; Hon, Lawrence (2011-03-29). "Hunter-gatherer genomic diversity suggests a southern African origin for modern humans". Proceedings of the National Academy of Sciences (en inglés) 108 (13): 5154–5162. ISSN 0027-8424. PMC 3069156. PMID 21383195. doi:10.1073/pnas.1017511108.
- ↑ "Africa's genetic secrets unlocked" (en inglés). 2009-05-01. Consultado o 2023-02-15.
- ↑ "'First of our kind' found in Morocco". BBC News (en inglés). 2017-06-07. Consultado o 2023-02-18.
- ↑ Wade, Nicholas (2006-03-07). "Still Evolving, Human Genes Tell New Story". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-02-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Homo sapiens sapiens |