Saltar ao contido

Sahelanthropus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sahelanthropus
"Toumaï"

Rango fósil: Mioceno Tardío, (hai 7-6,2 Ma)

Molde do cranio de Sahelanthropus tchadensis (Toumaï)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Tribo: Hominini
Xénero: Sahelanthropus
Brunet et al., 2002[1]
Especie: S. tchadensis
Nome binomial
Sahelanthropus tchadensis
Brunet et al., 2002[1]

Sahelanthropus é un xénero de homínidos fósiles que comprende a única especie Sahelanthropus tchadensis. É unha especie de homininae extinto (e probablemente o antepasado de Orrorin) que está datado hai uns 7 millóns de anos (Ma), posiblemente moi preto do momento da diverxencia entre chimpancés e humanos. Coñécense poucos espécimes, ademais dun famoso cranio parcial que foi denominado Toumaï ('esperanza de vida' na lingua daza local do Chad).

Localización do descubrimento
Localización do descubrimento
Detalle do mapa. TM266 indica o punto onde se descubriu Toumaï.
Detalle do mapa. TM266 indica o punto onde se descubriu Toumaï.
Liña do tempo da evolución humana
Escala do eixe: millóns de anos.
Reconstrución da cabeza de S. tchadensis.

Os fósiles atopados inclúen un cranio relativamente pequeno, que foi chamado Toumaï, cinco cachos de mandíbula, e algúns dentes, que configuran unha cabeza cunha mestura de características derivadas e primitivas. A caixa cranial, cun volume de só 320 a 380 cm³, é similar á dos actuais chimpancés.

Os dentes, cristas superciliares, e estruturs faciais difiren marcadamente das que se atopan en Homo sapiens. As características craniais mostran unha cara plana, arcada dentaria con forma de U, caninos pequenos, un foramen magnum anterior, e pesados arcos ciliares. Non se recuperaron restos poscraniais. O único cranio coñecido sufriu unha gran distorsión durante o tempo de fosilización e descubrimento, xa que quedou aplanado dorsoventralmente, e o lado dereito quedou afundido.[1]

Sahelanthropus tchadensis puido ser bípede.[2] Porén, como non hai restos poscraniais (é dicir restos do corpo), non se pode dicir definitivamente que era bípede, aínda que se cre que tiña un foramen magnum en posición bastante anteiror, polo que o bipedismo é o máis probable. Despois do exame do foramen magnum no primeiro estudo, o autor principal especulou que a utilización dunha locomoción bípede "non sería irrazoable" baseándose na morfoloxía basicranial similar de homininis máis recentes.[1] Algúns paleontólogos discutiron esta interpretación, indicando que o basicranio, xunto coa dentición e características faciais, non representan adaptacións únicas do clado dos homininis, nin indican bipedismo;[3] e sinalando que o desgaste do canino é similar ao doutros simios do Mioceno.[1] Ademais, segundo informacións recentes, descubriuse tamén no xacemento o que podería ser un fémur dun homínido preto do cranio, pero que non foi aínda (en 2009) publicado e explicado.[4]

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

Estes fósiles foron descubertos no deserto de Djurab do Chad por un equipo de catro investigadores liderados polo francés Alain Beauvilain, e os chadianos Adoum Mahamat, Djimdoumalbaye Ahounta e Gongdibé Fanoné, membros da Misión paleoantropolóxica franco-chadiana liderada por Michel Brunet.[5][6] Todos os mateiriais coñecidos de Sahelanthropus atopáronse entre xullo de 2001 e marzo de 2002 en tres sitios: TM 247, TM 266 (que proporcionou a maior parte do material, incluíndo un cranio e un fémur), e TM 292. Os descubridores afirmaron que S. tchadensis é o antepasado humano máis antigo coñecido despois da separación da liña humana da liña do chimpancé.[7]

Estes ósos atopáronse lonxe doutros xacementos de fósiles de homininis, que están situados no leste ou no sur de África. Porén, atopouse unha mandíbula de Australopithecus bahrelghazali no Chad en 1995.[8] Tendo en conta o dimorfismo sexual que se sabe que existía nos primeiros homininis, a diferenza entre Ardipithecus e Sahelanthropus pode non ser o suficientemente grande como para garantir que son especies distintas.[9]

Relacións cos humanos e os chimpancés

[editar | editar a fonte]

Sahelanthropus pode representar un antepasado común de humanos e chimpancés, aínda que non se chegou aínda a un consenso na comunidade científica. A colocación orixinal desta especie como antepasado humano pero non antepasado do chimpancé complicaría o esquema da filoxenia humana. Se Toumaï fose efectivamente un devanceiro directo dos humanos, entón as súas características faciais poñerían en dúbida o status dos Australopithecus, cuxas cristas superciliares engrosadas son similares ás dalgúns dos homininis fósiles tardíos (singularmente de Homo erectus), mentres que a morfoloxía das cristas superciliares de Sahelanthropus difiren da observada en todos os australopitecinos, a maioría dos fósiles de homininis e os humanos existentes.

Outra posibilidade é que Toumaï estea relacionado tanto cos humanos coma cos chimpancés, pero non sexa o antepasado de ningún deles. Brigitte Senut e Martin Pickford, os descubridores de Orrorin tugenensis, suxeriron que as características de S. tchadensis son concordantes coas dunha femia de protogorila. Aínda que se defenda isto, o descubrmento non perde ningunha da súa importancia, porque actualemnte atopáronse moi poucos antepasados de chimpancés e gorilas en África. Así, se S. tchadensis é un parente ancestral dos chimpancés ou gorilas, entón representa o membro coñecido máis antigo das súas liñaxes. E S. tchadensis indica que o último antepasado común de humanos e chimpancés é improbable que lembre moito aos chimpancés existentes, como supoñían previamente algúns paleoantropólogos.[10][11]

Outra posibilidade, salientada en publicacións de 2012, é que a separación entre humanos e chimpancés sexa anterior do que previamente se pensara, e teña un posible rango de entre hai 7 e 13 millóns de anos (o extremo máis recente dese rango é o preferido pola maioría dos investigadores), baseándose en cambios entre xeracións máis lentos do que previamente se pensaba no ADN humano. De feito, algúns investigadores (como Tim D. White, da Universidade de California) consideran que as suxestións de que Sahelanthropus é demasiado antigo para ser un antepasado humano se evaporaron.[12]

A análise isotópica de sedimentos de átomos cosmoxénicos no fósil deron para el unha idade duns 7 millóns de anos.[13] Porén, neste caso, os fósiles foron encontrados expostos en area solta; o codescubridor Beauvilain advirte que tales sedimentos poden ser movidos doadamente polo vento, a diferenza da terra compactada, o que fai a data de 7 millóns de anos menos segura.[14]

De feito, Toumaï puido ser reenterrado no pasado recente. A análise tafonómica revelou a probabilidade dun, ou quizais dous enterramentos. Outros dous homínidos fósiles (un fémur esquerdo e unha mandíbula) estaban na mesma "tumba" xunto con varios restos de mamíferos. Os sedimentos que rodean os fósiles poderían entón non ser os materiais orixinais nos que foron depositados inicialmente os ósos, o que fai necesario corroborar a idade do fósil por algún outro medio.[15] A fauna que se encontrou no lugar (fundamentalmente o antracoteríido Libycosaurus petrochii e o suido Nyanzachoerus syrticus) indican unha idade de máis de 6 millóns de anos, xa que esas especies xa estaban probablemente extintas nesa época.[16]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Brunet, M.; Guy, F.; Pilbeam, D.; Mackaye, H.T.; Likius, A.; Ahounta, D.; Beauvilain, A.; Blondel, C.; Bocherens, H.; Boisserie, J.R.; de Bonis, L.; Coppens, Y.; Dejax, J.; Denys, C.; Duringer, P.; Eisenmann, V.; Gongdibé, F.; Fronty, P.; Geraads, D.; Lehmann, T.; Lihoreau, F.; Louchart, A.; Mahamat, A.; Merceron, G.; Mouchelin, G.; Otero, O.; Pelaez Campomanes, P.; Ponce; de León, M.; Rage, J.-C.; Sapanet, M.; Schuster, M.; Sudre, J.; Tassy, P.; Valentin, X.; Vignaud, P.; Viriot, L.; Zazzo, A.; Zollikofer, C. (2002). "A new hominid from the Upper Miocene of Chad, Central Africa" (PDF). Nature 418 (6894): 145–151. PMID 12110880. doi:10.1038/nature00879. 
  2. Staff (August 14, 2016). "What Does It Mean To Be Human? - Walking Upright". Smithsonian Institution. Consultado o August 14, 2016. 
  3. Wolpoff, Milford H.; Senut, Brigitte; Pickford, Martin; Hawks, John (2002). "Palaeoanthropology (communication arising): Sahelanthropus or 'Sahelpithecus'?". Nature 419: 581–582. PMID 12374970. doi:10.1038/419581a. 
  4. John D. Hawks (2009). "Sahelanthropus: The femur of Toumaï?" Arquivado 12 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.
  5. Tchad Actuel. Toumaï : "Histoire des Sciences et Histoire d’Hommes" Arquivado 08 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  6. Chad, cradle of humanity. Toumaï, the Human Adventure
  7. Michel Brunet, Alain Beauvilain, Yves Coppens, Émile Heintz, Aladji H.E. Moutaye et Modelo:Lien (1995) - The first australopithecine 2,500 kilometres west of the Rift Valley (Chad) Arquivado 30 de xullo de 2018 en Wayback Machine., Nature, 378, pp. 273-275.
  8. Chad, cradle of humanity. Participants in sahara scientific mission
  9. Haile-Selassie, Yohannes; Suwa, Gen; White, Tim D. (2004). "Late Miocene Teeth from Middle Awash, Ethiopia, and Early Hominid Dental Evolution". Science 303 (5663): 1503–1505. PMID 15001775. doi:10.1126/science.1092978. 
  10. Guy F., Lieberman D. E., Pilbeam D., Ponce de Leon M. S., Likius A., Mackaye H. T., Vignaud P., Zollikofer C. P. E. and Brunet M., (27 December 2005). "Morphological affinities of the Sahelanthropus tchadensis (Late Miocene hominid from Chad) cranium" PNAS, 102 (52) : 18836–18841.
  11. Wolpoff, M. H.; Hawks, J.; Senut, B.; Pickford, M.; Ahern, J. (2006). "An Ape or the Ape : Is the Toumaï Cranium TM 266 a Hominid?" (PDF). PaleoAnthropology 2006: 36–50. 
  12. Catherine Brahic (24 Nov 2012). "Our True Dawn". New Scientist (Reed Business Information) (2892): 34–7. ISSN 0262-4079. , citando investigacións de Augustine Kong (Decode Genetics, Reykjavik), David Reich (Harvard) e outros
  13. Lebatard, A.-E.; Bourles, D. L.; Duringer, P.; Jolivet, M.; Braucher, R.; Carcaillet, J.; Schuster, M.; Arnaud, N.; Monie, P.; Lihoreau, F.; Likius, A.; Mackaye, H. T.; Vignaud, P.; Brunet, M. (2008). "Cosmogenic nuclide dating of Sahelanthropus tchadensis and Australopithecus bahrelghazali: Mio-Pliocene hominids from Chad" (PDF). PNAS 105 (9): 3226–3231. doi:10.1073/pnas.0708015105. 
  14. Beauvilain, Alain (2008). "The contexts of discovery of Australopithecus bahrelghazali and of Sahelanthropus tchadensis (Toumaï) : unearthed, embedded in sandstone or surface collected?". South African Journal of Science 104 (3): 165–168. 
  15. Beauvilain, Alain; Watté, Jean-Pierre (2009). "Was Toumaï (Sahelanthropus tchadensis) buried ?". Anthropologie. XLII/23 (1): 1–6. 
  16. Brunet, M.; Guy, F.; Pilbeam, D.; Lieberman, D. E.; Likius, A.; Mackaye, H. T.; Ponce; de Leon, M. S.; Zollikofer, C. P. E.; Vignaud, P. (2005). "New material of the earliest hominid from the Upper Miocene of Chad" (PDF). Nature 434 (7034): 752–755. PMID 15815627. doi:10.1038/nature03392. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]