Saltar ao contido

Hernando Ojea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHernando Ojea
Biografía
Nacemento1543 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte1615 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Actividade
Ocupaciónfrade, escritor Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 38805 BNE: XX824554 BUSC: ojea-hernando-o-p-m-1615

Hernando Ojea, nado en Ourense en 1543 e finado en 1615, foi un relixioso galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
O salientábel mapa de Hernando Ojea, 1603. Alén de ser un dos primeiros independentes de Galicia, e de ter un escudo galego que se tornou na pauta a seguir nos séculos seguintes, tamén informaba da antiga extensión do reino.

En 1566 ingresou na orde dos Predicadores no convento de San Domingos de México, e dedicouse aos estudos relixiosos. Foi requirido polo Santo Oficio para facer fronte a un foco de propaganda xudaica en Cidade de México, para o cal escribiu a obra La venida de Cristo y su vida y milagros en que se concuerdan los dos testamentos divinos, Viejo y Nuevo, que apareceu publicada en Medina del Campo en 1602.

Regresou a Europa en 1601, e documentouse para preparar unha Historia de Galicia coa axuda de Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar. En 1603 volveu a América, e deixoulle a Pedro Fernández de Castro y Andrade, Conde de Lemos, a Descrición do Reino de Galicia, lista para imprimir. Preparou o primeiro mapa de Galicia, que apareceu impreso en Anveres en 1604, incluído no Theatrum Orbis Terrarum de Abraham Ortelius.

Regresou a España en 1614, e nese ano publicou Historia del glorioso apostol Santiago, patrón de España, de su venida a ella, y de las grandezas de su Iglesia y orden militar. O Libro de la nobleza en común foi publicado despois da súa morte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]