Heroínas de Sálvora
Heroínas de Sálvora é a denominación coa que foron recoñecidas Josefa Parada, Cipriana Oujo Maneiro e María Fernández Oujo,[1] que na altura tiñan entre 14 e 24 anos de idade, polo salvamento marítimo de 58 persoas no naufraxio do buque correo Santa Isabel en 1921.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O 2 de xaneiro de 1921 o buque correo Santa Isabel partiu pola noite na bocana da ría de Arousa, preto da illa de Sálvora. No naufraxio morreron afogadas 213 persoas e 58 foron salvadas pola intervención das heroínas de Sálvora. Salváronas cunha dorna en catro viaxes moi penosas.[2][3]
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]Foron obxecto de homenaxes e recoñecementos aínda que tamén de calumnias.[2] En 2019 comezou un proxecto para levar ao cine a súa historia.[4] O ano seguinte estreouse o filme, titulado A illa das mentiras[5] e dirixido por Paula Cons.[6] En 2024 déronlle o seu nome a un buque de salvamento marítimo.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ De Santos, Ágatha (16/02/2019). "El ´Titanic´ gallego pone proa al cine". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 24/09/2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Sánchez, Paco (15/12/2008). "Las heroínas de Sálvora". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24/09/2019.
- ↑ "O naufraxio do Santa Isabel en Sálvora I". Cíes. 2019-05-07. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "La hazaña de las heroínas de Sálvora será llevada al cine". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-01-30. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ Trailer oficial do filme.
- ↑ «La isla de las mentiras», de Paula Cons, se estrenará el 24 de julio en Filmin" (en castelán)
- ↑ "O buque máis moderno de Salvamento Marítimo honra as catro 'Heroínas de Sálvora' que rescataron 56 persoas nas súas dornas". Praza Pública. 2024-07-06. Consultado o 2024-07-07.