A illa das mentiras
A illa das mentiras | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La isla de las mentiras |
Director | Paula Cons |
Produtor | Victoria Aizenstat Mauro Guevara Luis Maras Juan de Dios Serrano |
Guión | Paula Cons Luis Marías |
Intérpretes | Nerea Barros Aitor Luna Darío Grandinetti Victoria Teijeiro Ana Oca María Costas Milo Taboada |
Música | Sebastián Escofet |
Fotografía | Aitor Mantxola |
Montaxe | Julia Juaniz |
Estudio | Coproducción España-Argentina Agallas Films Aleph Cine Euskal Telebista Historias del Tío Luis INCAA ICAA Ibermedia Televisión Española (TVE) Televisión de Galicia (TVG) |
Estrea | 2020 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
A illa das mentiras (en castelán: La isla de las mentiras) é un filme español de 2020 dirixido pola galega Paula Cons, con guión da propia Paula Cons e Luis Marías, e protagonizada por Nerea Barros, Victoria Teijeiro, Ana Oca, Aitor Luna e Darío Grandinetti. Conta a historia ficcionada das Heroínas de Sálvora, tres mozas que arriscaron a súa vida para salvar os sobreviventes do naufraxio do Santa Isabel na Illa de Sálvora.
Rodada en castelán, estreouse nos cinemas galegos dobrada ao galego.[1] A dirección de dobraxe foi realizada por Charo Pena e a tradución por Margarita Díaz.
Argumento
[editar | editar a fonte]Durante a madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor Santa Isabel que se dirixía a Buenos Aires afúndese fronte á costa da Illa de Sálvora na ría de Arousa, Galicia. Nesa noite non había homes na illa, xa que estaban a celebrar o Nadal en terra firme. Tres mozas da illa arriscan a súa vida para salvar aos sobreviventes: María (Nerea Barros), impulsiva e adiantada ao seu tempo, Josefa (Vitoria Teijeiro), un pouco tópico da muller galega, calada e máis prudente e Cipriana (Ana Oca) case unha nena que quere saír da illa para coñecer o mundo real. Remando só de ouvido pola espesa néboa e a noite pechada logran salvar a 48 persoas.[2]
Un xornalista arxentino, León (Dario Grandinetti), chega á illa para cubrir a noticia e investigar o caso. Co transfondo das loitas sociais, aos poucos o xornalista descobre que nada é o que parece e que hai numerosas incógnitas por resolver.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Nerea Barros como María
- Ana Oca como Cipriana
- Sergio Quintana como Benito
- Victoria Teijeiro como Josefa
- Miguel Borines como garda
- Aitor Luna como Tomás
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.
- Mela Casal como Julia
- Tatán como Manolo
- María Costas como Francisca
- Milo Taboada como Pepe
- Celso Bugallo como Paco o da Filosera
- Leyre Berrocal como Juana
- Voz da dobraxe galega de Marián Muíño González.
- Darío Grandinetti como León
- Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia.
- Roberto Leal como autoridade
- Machi Salgado como Luis Cebreiro
- Javier Tolosa como señor Marqués
- Voz da dobraxe galega de Antonio Rubal.
- Alberto Grifón como fotógrafo
- Pedro Galiza como garda civil 1
- Domingo Rey como garda civil 2
- Pepo Suevos como patrón
- Ana Santos como Señora
- Pablo Pose como tripulante
- Nagore Arias como alumna
- Fe Besteiro como muller
O resto de actores dobráronse a si mesmos na versión en galego do filme.[1]
Produción
[editar | editar a fonte]A película foi rodada na illa de Sálvora, onde ocorreu realmente o naufraxio do Santa Isabel, no Grove e Muros,[3] e retrata especialmente a sociedade de principios do século XX en España a través da historia ficionada de tres mulleres, Cipriana Oujo Maneiro, Josefa Parada e María Fernández Oujo, de 24, 16 e 14 anos respectivamente, que vivían na illa e que saíron da norma establecida para levar a cabo un acto heroico polo que primeiro foron aplaudidas e homenaxeadas, para despois ser vilipendiadas e finalmente esquecidas.[2][4]
É unha coprodución da produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luís, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Cun orzamento de 1,5 millóns de euros contou coa participación ademais de TVG, RTVE e ETB.[5]
Por mor da pandemia do coronavirus a película foi estreada na plataforma española Filmin[6] e foi a película máis vista durante a primeira semana da súa estrea.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Disaster Artist na TVG". TVG. 13 de outubro de 2020. Consultado o 7 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Jiménez, Jesús (2020-07-23). "Cine | 'La isla de las mentiras', un thriller que reivindica a las heroínas del 'Titanic de Sálvora'" (en castelán). Consultado o 2020-07-30.
- ↑ "Paula Cons termina el rodaje de "El Santa Isabel", el "Titanic" gallego". Consultado o 2020-07-30.
- ↑ Fernando Simó. "“La isla de las mentiras”: reivindicando a las heroínas de la isla de Sálvora | Cine" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-30.
- ↑ ""La isla de las mentiras", elegida para competir en el Festival de Shanghái" (en castelán). 2020-07-18. Consultado o 2020-07-30.
- ↑ "«Paula Cons: "Lucharé a brazo partido para que mi película se pueda ver en salas"»". Consultado o 2020-07-30.
- ↑ "“La isla de las mentiras”, de PAULA CONS, es el título más visto en Filmin en su primer fin de semana de estreno | Noticias Vigo" (en castelán). 2020-07-29. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2020. Consultado o 2020-07-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A illa das mentiras na IMDb (en inglés).
- La isla de las mentiras en Días de Cine (vídeo) TVE