Saltar ao contido

Roberto Leal Jiménez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Leal Jiménez
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1171148 Editar o valor en Wikidata

Roberto Leal Jiménez, nado en Buenos Aires o 22 de setembro de 1956, é un actor arxentino de orixe galega, fincado en Santiago de Compostela dende a década de 1980.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en en Buenos Aires o 22 de setembro de 1956, sendo fillo de Juan, un ferrolán que fuxira da Guerra Civil, e de Dolores, andaluza. A parella coñeceuse en Francia e xuntos emigraron á Arxentina, onde naceu Roberto.[1]

Criouse na capital arxentina e estreouse no teatro aos 15 anos. Estudou artes escénicas e compaxinou os estudos con diferentes traballos. Licenciouse en Formación Actoral e Dirección Teatral pola Universidade Nacional do Centro e en 1984 mudouse a España.[2] Despois de dous anos en Madrid, cunha compañía de zarzuela, instalouse en Ferrol.[1] Na cidade departamental deu clases de teatro aos alumnos do instituto Concepción Arenal, entre eles Javier Gutiérrez. Dous anos despois mudouse a Santiago de Compostela e dende 1990 dá clases no colexio Peleteiro. Deulle clase entre outros a Fefa Noia, futura directora do Centro Dramático Galego.[1]

En 1996 obtivo o seu primeiro papel na televisión, na serie da Televisión de Galicia A familia Pita, traballo ao que seguiron outros durante os seguintes anos en diferentes series como Pratos combinados, Galicia Exprés, Fíos, As leis de Celavella, Matalobos, Serramoura, O sabor das margaridas ou Rapa. Traballou tamén no cine, en cintas como Sei quen es, Rafael, Elisa e Marcela ou A illa das mentiras.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Luaña, Susana (2 de decembro de 2019). "Roberto Leal: «Llevo casi treinta años en Santiago y creo que es mi lugar en el mundo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2024. 
  2. "Roberto Leal Jiménez". galiciadigital.com. Consultado o 14 de novembro de 2024.