Saltar ao contido

Hervannan jäähalli

Hervannan jäähalli
Unha das pistas.
Datos
Coordenadas61°27′21″N 23°50′13″L / 61.455845358712, 23.836842378465
LocalizaciónTampere, Finlandia Finlandia
Construción
Inauguración1984
editar datos en Wikidata ]

O Hervannan jäähalli é un pavillón de xeo situada no distrito de Hervanta, ao sur da cidade de Tampere, Finlandia. O recinto conta con dúas pistas de xeo.

As obras do Hervannan jäähalli finalizáronse en 1984. O recinto deportivo foi construído nun búnker que xa existía no lugar.[1]

Logo de varios anos pospoñéndose, en abril de 2023 comezaron as obras de remodelación das instalacións, cuxos vestiarios e baños estaban case no seu estado orixinal, ademais os problemas co aire interior obrigaron en 2023 a instalar purificadores de aire. Os traballos comezaron máis tarde do previsto a petición dos clubs, para que puideran finalizar as actividades deportivas da tempada antes do inicio das obras. Se ben inicialmente estimouse que o custo da reforma sería de algo máis de dous millóns de euros, o orzamento acabou aumentando ata os 2,8 millóns, un incremento que tivo que aprobarse en febreiro dese mesmo ano.[1]

Características

[editar | editar a fonte]
A pista número 1 dende a cafetería.

O pavillón está situado no distrito de Hervanta, ao sur da cidade de Tampere, a 40 metros de profundidade, o que levou á pista de xeo a ser considerada a especial de Finlandia. Ao ser un recinto subterráneo a unha gran profundidade, só se pode acceder a el por ascensor, nun traxecto que dura ao redor dun minuto.[1]

Conta con dúas pistas de hóckey sobre xeo de dimensións internacionais.[1] Ambas as pistas están habilitadas para a práctica, tanto do hóckey sobre xeo como do ringette, e unha delas (a número 1) conta con dous corredores para a práctica do curling.[2] As súas pistas son empregadas habitualmente por equipos de formación de hóckey sobre xeo, para ringette, para patinaxe artística, escolas, empresas... e conta con quendas de patinaxe público gratuíto na tempada de outono a marzo.[1][3]

O Hervannan jäähalli non conta con bancadas mais si con cafetería.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Punkari, Pasi; Kujansuu, Valtteri (1 de febreiro de 2023). "Tampereen Hervannassa on ehkä Suomen erikoisin jäähalli – nyt se menee remonttiin, eikä urakasta tule helppo". Yle (en finés). Consultado o 14 de decembro de 2024. 
  2. "Hervannan jäähalli" (en inglés). Curling.fi. Consultado o 14 de decembro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 "Jäähallit" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 14 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]