Desde a visión feminista, o termo patriarcado fai alusión ao pai como posuidor do poder dentro da xerarquía familiar, e polo tanto, á subordinación das mulleres ao poder dos homes. Coa aparición da teoría queer entre os anos 1980 e 1990 e o cuestionamento da heterosexualidade obrigatoria e do binarismo de xénero, esta dominación non soamente descríbese en termos de sexo ou de xénero (o predominio do home sobre a muller, ou o masculino sobre o feminino) senón tamén en termos de sexualidade (a heteronormatividade, ou o heterosexual arriba doutras orientacións sexuais e o cisxénero sobre outras identidades).[1][3][6]