Himno da Liga de Campións da UEFA
O Himno da Liga de Campións da UEFA, titulado de xeito oficial simplemente como Champions League, é unha adaptación de Tony Britten[1] da peza de Georg Friedrich Händel chamada "Zadok the Priest" (en galego: "Zadok o sacerdote"), pertencente á serie dos catro "Coronation Anthems" (en galego: himnos de coroación).
Historia e características
[editar | editar a fonte]A UEFA elixiu a Tony Britten en 1992 para levar a cabo a creación do seu himno. Unha vez arranxada a composición orixinal de Händel, Champions League foi interpretada pola Royal Philharmonic Orchestra e o coro da Academy of St. Martin in the Fields. A letra da canción está escrita no tres idiomas oficiais da UEFA, é dicir, en inglés, alemán e francés.
Antes dos partidos e nas retransmisións de televisión interprétase unha versión abreviada do himno, que é a correspondente á seguinte parte da letra:
Ils sont les meilleurs
Sie sind die besten
The champions!
These are the champions
Die Meister
Die Besten
Les grandes équipes
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tony Britten". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2010. Consultado o 29 de xaneiro de 2010.