Hipólita Moíño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ferrol, España |
Morte | maio de 1917 Valladolid, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra, escritora |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Federico Landrove Moíño |
Hipólita Moíño Lago, coñecida co pseudónimo de Valentina Lago-Valladares, nada en Ferrol e finada en Valladolid en maio de 1917, foi unha escritora galega en galego e castelán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou a carreira de Maxisterio e foi profesora de ensino primario en Ferrol. Seguidora de Concepción Arenal. Colaborou en Almanaque de Ferrol, Revista Gallega, El Correo Gallego, e dun xeito máis esporádico no madrileño El Correo de la Moda, El Regional, El Faro de Ferrol, Suevia, Almanaque Gallego, El Eco de Galicia e Vida Gallega. Publicou diversos contos na prensa entre 1896 e 1920 e foi membro correspondente da Real Academia Galega, entre as súas narracións máis coñecidas salientan A lus da morte (1896) e Contos da Terriña (1906). Dende 1914 viviu en Valladolid co seu fillo Federico, catedrático da Normal desta cidade, onde finou en maio de 1917.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Gerardo Landrove Timiraos, maquinista maior da Armada, e foi nai de Gerardo, Rosa e Federico Landrove Moíño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Regional, 14-5-1917, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Centro Ramón Piñeiro, ed. (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela. pp. 233–235. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 10 de novembro de 2013.