Hispania Nova Citerior Antoniniana
Localización | |||
---|---|---|---|
Hispania Nova Citerior Antoniniana[1] é o nome dunha suposta provincia romana creada polo emperador Caracalla e que ocuparía o territorio que posteriormente converteríase na provincia de Gallaecia na reforma de Diocleciano incluíndo nela os conventos Lucense, Bracarense e Asturicense.
Historia
[editar | editar a fonte]A existencia desta provincia foi proposta a partir do descubrimento de dúas inscricións atopadas en León a mediados do século XIX, cuxa interpretación suxire a existencia da mesma e cuxa duración foi reducíndose conforme foron aparecendo máis probas epigráficas desde o postulado inicial de que existiu durante todo o século III ata considerar que este nome é en realidade unha denominación alternativa da provincia Citerior Tarraconense.
Recentemente, o descubrimento doutra inscrición en Italia reavivou o debate sobre esta provincia, pero esta vez chamándoa Provincia Hispania Superior e cun ámbito territorial máis reducido, agrupando os conventos lucense e bracarense mais excluíndo ao conventus asturicense, que anteriormente considerábase incluído nela como o estivo posteriormente a Gallaecia de Diocleciano.[2]
Hai dúbidas sobre o momento final da provincia pois mentres Ozcáriz Gil opina que tivo que ser contra o 235 con Maximino o Tracio[3] outros, cren que esta provincia volveu ser parte da Citerio até o goberno de Diocleciano (284-305), quen levou a cabo unha gran reorganización do Imperio, co criterio de multiplicar as provincias e agrupalas baixo a dependencia de unidades máis amplas chamadas diocese.[1]
Epigrafía
[editar | editar a fonte]As dúas inscricións aparecidas en León no século XIX nas que se cita a un gobernador chamado Caio Xulio Cerealis, quen estaría ao mando dunha, aparentemente, nova provincia esgazada da Citerior e que sería unha provincia consular,[4] son as seguintes:
[Iunoni Regina[e] / pro salute [a]c imperii / diuturnitate [imp(eratoris)] / M. Aurelli (sic) Antonin[i] / Pii Fel(icis) Aug(usti) et Iulia[e] / piae fel(icis) Aug(ustae) matri[s] / Antonini Aug(usti) ca[s] / trorum senatus ac / patriae / C. Iul(ius) Cerealis co(n)s(ularis) leg(atus) / Aug(usti) pr(o) pr(aetore) pr(ovinciae) H(ispaniae) N(ovae) C(iterioris) Anton[i] / nianae post div(issionem o isam) / provinc(iae) primus ab eo m[issus][5][6][7]
Nesta primeira, Hübner e Diego Santos[8] len "post divissionem" mentres que Alföndy le "post divisam".
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alföldy, Géza (2002). Provincia Hispania Superior (en castelán). A Coruña: Universidade da Coruña. ISBN 9788497490375.
- Escudero, José Antonio (2012). Curso de Historia del Derecho (en castelán) (4ª ed.). Madrid: Escudero Lopez, Jose Antonio. ISBN 9788461597871.
- Diego Santos, Francisco (2009). El Conventus Asturum y Anotaciones al Noroeste Hispano (en castelán). Oviedo: KRK EDICIONES. ISBN 978-84-8367-222-8.
- Hübner, (1888). . Barcelona: pp. 169-170., Emil (1888). La Arqueología de España (en castelán). Barcelona: Tipo-litografía de los sucesores de Ramírez y ca.
- Ozcáriz Gil, Pablo (2007). "Algunas consideraciones acerca de la provincia "Hispania superior" y su administración". Pyrenae: revista de prehistòria i antiguitat de la Mediterrània Occidental (en castelán) 38 (2): 33–46. ISSN 0079-8215.
- Santos Yanguas, Narciso (1988). El ejército y la romanización de Galicia: conquista y anexión del noroeste (en castelán). Oviedo: Universidade de Oviedo. ISBN 84-7468-144-8.