Hispano-Suiza Carmen
Hispano-Suiza Carmen | |
---|---|
Tipo | Automóbil superdeportivo |
Marca | Hispano-Suiza |
Fabricante | Hispano-Suiza |
País | España |
Deseño | Francesc Arenas Mañé[1] |
Produción | 2019–2021 (Carmen) (19 unidades) 2021–2024 (Carmen Boulogne, 5 unidades) 2024–presente (Carmen Sagrera) |
Montaxe | Barcelona, Cataluña |
Configuración | |
Segmento | Segmento S |
Carrozaría | Cupé de 2 portas |
Configuración | Motores nos eixes / tracción traseira |
Tren motriz | |
Motor | Dobre motor eléctrico |
Autonomía | 400 km |
Potencia | 1.019 hp |
Dimensións | |
Distancia eixes | 2800 mm[2] |
Lonxitude | 4733 mm |
Anchura | 2040 mm |
Altura | 1242 mm |
Peso | Carmen: 1690 kg Carmen Boulogne: 1630 kg |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Hispano-Suiza Carmen é un coche superdeportivo eléctrico de edición limitada producido polo fabricante español Hispano-Suiza, relanzado polos bisnetos herdeiros do fundador da empresa. Só se fabricaron en total 19 unidades do Carmen entre 2019 e 2021[3] a un custo de 1.500.000 euros por unidade (sen impostos).[2] O nome do modelo fai referencia a neta do fundador da compañía. O Carmen foi deseñado utilizando como inspiración as liñas do clásico Hispano-Suiza H6B Dubonnet Xenia. Os responsábeis da marca aseguran que se producirán máis modelos a partir deste, durante o vindeiro quinquenio.
Historia
[editar | editar a fonte]Hispano-Suiza Cars construíu e puxo en produción con éxito o primeiro automóbil español en levar esta marca dende a década de 1940. O Hispano-Suiza Carmen foi desenvolvido en dous anos e investíronse 20 millóns de euros no proxecto.[1] O Carmen estreouse no Salón do Automóbil de Xenebra de 2019 en forma de cupé de dúas portas.
Hispano-Suiza construíu este hipercoche como resposta a outros autos eléctricos súper rápidos de compañías como Lotus e Rimac.[4] O vehículo foi desenvolvido e fabricado (de xeito artesanal) en Barcelona; o seu sistema de propulsión foi desenvolvido en colaboración con QEV Technologies,[3] e o 80% dos seus compoñentes foron fornecidos por fornecedores españois.[5]
O deseño estilístico do coche estivo a cargo do estudio de deseño con sede en Barcelona Cero Design,[6] dándolle unha estética que combina solucións estilísticas vangardistas e futuristas cunha estética retro remitida directamente ao Hispano-Suiza H6B Dubonnet Xenia.[7] Amosábano claramente, entre outros, os pasos de roda cubertos sobre as rodas traseiras, así como unha parte traseira puntiaguda decorada con relevos e logotipos que facían referencia á histórica marca Hispano-Suiza.
O coche leva o nome de Carmen Mateu Quintana, neta de Damián Mateu, un dos fundadores de Hispano-Suiza e o seu primeiro presidente. Ela intentou restaurar Hispano-Suiza como empresa automotriz, e os fundadores de Hispano-Suiza Cars rendéronlle homenaxe.
O Carmen Boulogne
[editar | editar a fonte]En setembro de 2021, Hispano-Suiza presentou unha versión especial e limitada do seu hipercoche eléctrico, o Carmen Boulogne. O coche recibiu amplas modificacións visuais, perdeu as características cubertas das rodas traseiras e obtivo unha carrozaría de fibra de carbono negra sen pintar enriquecida con insercións de cor cobre. O automóbil tamén obtivo un sistema de propulsión máis potente, no que se engadiron dous motores eléctricos máis aos dous motores eléctricos estándar, logrando así unha potencia total de 1115 CV e 1600 Nm de par máximo. O coche acada os 100 km/h (62 mph) en 2,6 segundos e a velocidade máxima está limitada a 290 km/h (180 mph). A empresa planeou construír cinco unidades, con entregas programadas para 2022.[8] O prezo do vehículo é 1.650.000 euros (sen impostos).[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 El diseñador del Hispano-Suiza Carmen nos cuenta sus secretos (13 de marzo de 2019). Motor16.com.
- ↑ 2,0 2,1 Hispano-Suiza Carmen (2019) | Precio y ficha técnica. Km77.com.
- ↑ 3,0 3,1 Hispano Suiza Carmen: un superdeportivo eléctrico, con 1.019 CV. Es.motor1.com.
- ↑ "2022 Hispano Suiza Carmen Jumpstarts the Dead Brand" (en inglés). Car and Driver. Consultado o 01-07-2023.
- ↑ Hispano Suiza Carmen, la mítica marca española ha regresado con un coche eléctrico de lujo (16 de marzo de 2019). Computerhoy.com.
- ↑ "Hispano-Suiza Carmen" (en inglés). Cero Design. Consultado o 01-07-2023.
- ↑ "Hispano Suiza Carmen: A $1.7 Million EV for Billionaire Collectors" (en inglés). Road and Track. Consultado o 01-07-2023.
- ↑ Hispano-Suiza Carmen Boulogne: 1.114 CV eléctricos y mucha fibra de carbono (3 de marzo de 2020). Topgear.es.
- ↑ Ficha técnica do Hispano-Suiza Carmen Boulogne. Km77.com.