Saltar ao contido

Hodoyoshi 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hodoyoshi 2 / RISESat
TipoObservación terrestre
OrganizaciónUniversidade de Tokio
Contratistas principaisConsorcio RISESat
Data de lanzamento18 de xaneiro de 2019[1][2]
Foguete portadorEpsilon[2][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kagoshima[2]
Obxectivo da misiónEstudo da Terra.[2]
NSSDC ID2019-003C
Masa50 kg[2][3]
Datos orbitais
Semieixo maior6877 km[1]
Inclinación97,2º[1]
Apoapse518,4 km[1]
Periapse495,5 km[1]

Hodoyoshi 2, máis coñecido como RISESat, é un satélite artificial xaponés lanzado o 18 de xaneiro de 2019 mediante un foguete Epsilon desde o Centro Espacial de Kagoshima.[2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Hodoyoshi 2 é un satélite de obervación terrestre experimental deseñado pola Universidade de Tokio e construído polo consorcio RISESat. Pertence a un conxunto de satélites experimentais para o estudo da Terra deseñados pola Universidade de Toquio. Hodoyoshi 2 leva a bordo oito instrumentos científicos cunha masa total de 10 kg desenvolvidos por Suecia, a República Checa, Hungría, Taiwán, Vietnam, os Estados Unidos e Alemaña.[2][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "RISESAT" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2020). "RISESAT" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Hodoyoshi 1" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]