Hop Along
Hop Along | |
---|---|
Hop Along en 2019 | |
Orixe | Filadelfia, Pensilvania, |
Período | 2005 - presente |
Xénero(s) | indie rock, folk rock, power pop, pop punk, rock acústico, emo |
Selo(s) discográfico(s) | Saddle Creek, Hot Green, Salinas, Big Scary Monsters |
Membros | Frances Quinlan Mark Quinlan Tyler Long Joe Reinhart |
Antigos membros | Jacki Sulley Dominic Angelella Peter Helmis |
Na rede | |
hopalongtheband.com | |
Hop Along é unha banda estadounidense de indie rock de Filadelfia, Pensilvania, formada no ano 2005 e coñecida anteriormente como Hop Along, Queen Ansleis.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Hop Along naceu como un proxecto en solitario de freak folk acústico coñecido como Hop Along, Queen Ansleis en 2004, durante o derradeiro ano de secundaria de Frances Quinlan.[2][3] Quinlan publicou o seu álbum de estrea, Freshman Year, no verán de 2005.[4]
Quinlan actuou como artista acústico en solitario durante varios anos mentres perfeccionaba o seu estilo.[5] Tres anos despois do seu primeiro álbum o seu irmán Mark uniuse a ela como batería, seguido polo baixista Tyler Long en 2009. Con esta nova formación, o nome da banda acurtouse a Hop Along.[2] O grupo lanzou o EP Wretches en 2009, e o seu segundo álbum, Get Disowned, chegou o 5 de maio de 2012,[6] conseguindo unha resposta moi positiva da crítica da prensa da música independente.[7][8] O disco foi producido por Joe Reinhart, da banda Algernon Cadwallader, ao que Quinlan coñecera na escena de concertos en sotos de Filadelfia.[3] Reinhart posteriormente pasaría a ser o guitarrista solista de Hop Along.[2]
En outubro do ano 2014, Hop Along fichou polo selo de indie rock Saddle Creek Records,[9] a través do cal editou o seu terceiro álbum de estudio, Painted Shut, o 4 de maio de 2015.[10]
O 22 de xaneiro de 2018 revelouse o título e a listaxe de cancións do seu cuarto álbum.[11] O primeiro sinxelo, "How Simple", apareceu en páxinas de streaming ao día seguinte. O álbum Bark Your Head Off, Dog publicouse o 6 de abril dese ano. O disco foi gravado por Joe Reinhart e Kyle Pulley nos Headroom Studios.[12]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Freshman Year | 2005 | autoeditado | como Hop Along, Queen Ansleis |
Get Disowned | 2012 | Hot Green Records | |
Painted Shut | 2015 | Saddle Creek Records | |
Bark Your Head Off, Dog | 2018 | Saddle Creek Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hop Along, Queen Ansleis LP finally streaming, bonus EP on Bandcamp, Frances doing livestream". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Fox, Jesse David. "Is This the Best Voice in Rock Music Today?". Vulture (en inglés). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ 3,0 3,1 "Hop Along // Interview". Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Hop Along - Freshman Year (album review )". Sputnikmusic. Consultado o 2023-02-18.
- ↑ McQueen, Gregg. "An Interview with Hop Along: With Eyes Painted Shut". The Aquarian (en inglés). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Get Disowned, by Hop Along". Hop Along (en inglés). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Hop Along - Get Disowned". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Hop Along - Get Disowned (album review 2)". Sputnikmusic. Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Hop Along signs to Saddle Creek Records; new album due in spring 2015". WXPN - Vinyl At Heart (en inglés). 2014-10-30. Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Painted Shut, by Hop Along". Hop Along (en inglés). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Hop Along Tease New Album Bark Your Head Off, Dog". Stereogum (en inglés). 2018-01-22. Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Bark Your Head Off, Dog, by Hop Along". Hop Along (en inglés). Consultado o 2023-02-18.