Saltar ao contido

Horace Greeley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHorace Greeley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1811 Editar o valor en Wikidata
Amherst, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 1872 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Pleasantville, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreen-Wood Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
4 de decembro de 1848 – 3 de marzo de 1849
← David S. Jackson (pt) TraducirJames Brooks (pt) Traducir →
Lexislatura: 30th United States Congress (en) Traducir

Circunscrición electoral: New York's 6th congressional district (en) Traducir

Datos persoais
ResidenciaGreeley House (en) Traducir (1864–1872) Editar o valor en Wikidata
RelixiónUniversalismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo, política, edição (pt) Traducir, edición e utopianism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Washington, D.C.
Manhattan Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, empresario, escritor, editor colaborador, editor literario, político, editor, abolicionista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Whig dos Estados Unidos (–1854)
Partido Republicano (1854–1872)
Liberal Republican Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMary Cheney Greeley (1836–1872), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosGabrielle Greeley Clendenin Editar o valor en Wikidata
PaiZaccheus Greeley Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Грили Хорас)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Greeley-165 Find a Grave: 414 Editar o valor en Wikidata

Horace Greeley, nado o 3 de febreiro de 1811 e finado o 29 de novembro de 1872, foi un xornalista estadounidense, fundador do New-York Tribune e cofundador do Partido Republicano.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi un acérrimo crítico da escravitude e un dos maiores nomes do abolicionismo nos Estados Unidos, membro do Partido Whig entre 1847 e 1854, após a promulgación da Lei Kansas-Nebraska que fomentaba a expansión da escravitude ao Vello Oeste e á entrada de novos "estados escravos", el, en resposta, uniuse cos antigos líderes do Partido Whig como Abraham Lincoln, e xuntos fundaron un novo partido, o Partido Republicano como forma de resposta a esta lei, esta partido opúxose á escravitude.[2] Greeley foi tamén un vexetariano convencido desde os 24 anos de idade.[3]

Ademais da súa firme postura contra a escravitude, tamén animou á mocidade a explorar as oportunidades do Vello Oeste, popularizando (talvez non inventando) a frase Go West, young man, go West' (Vai ao Oeste, mozo, vai ao Oeste).[4] Esta declaración reflectía a visión do Oeste como unha terra de novas posibilidades e un escape das restricións do Leste, promovendo a idea de aventura, autonomía e autoxestión nun país en plena expansión.[5]

En 1860, o Partido Republicano lanzou a candidatura de Abraham Lincoln que foi elixido presidente nunhas eleccións moi estreitas e convulsas, que foi unha das eleccións máis turbulentas da historia americana. A candidatura de Lincoln foi fortemente apoiada por Greeley, e tras a súa investidura, constantemente animou a Lincoln a abolir a escravitude e mesmo lle presentou a Frederick Douglass. En 1862, co obxectivo de debilitar aos confederados, Lincoln aprobou a Slave Emancipation Act, que aboliu definitivamente a escravitude en todos os estados dos Estados Unidos. Tras este logro Greeley mostrouse moi feliz, eloxiouno dende o editorial do seu xornal, e en 1864 apoiou a reelección de Lincoln.

Candidatura á Casa Branca e pasamento

[editar | editar a fonte]

Foi candidato á presidencia en 1872 pola á esquerdista, chamada "liberal" do Partido Republicano contra os "republicanos radicais" apoiados por Grant.[1] Correu nunha plataforma moderada, en contraste co "radicalismo" de Grant e os seus partidarios. Nunca chegou a ser demócrata, pero foi apoiado polo Partido Demócrata, que viu a súa candidatura como unha oportunidade para tentar regresar á Casa Branca; con todo, pouco despois das eleccións, Greeley morreu o 29 de novembro de 1872 á idade de 61 anos, morreu no seu sono na súa residencia nunha aldea do condado de Westchester no estado de Nova York.[1] Ese ano, o pobo xa votara nas eleccións presidenciais, pero o colexio electoral non, polo que os delegados que se comprometeron a votar en Greeley acabaron emigrando ao seu compañeiro de fórmula e a outros políticos demócratas do sur, ao final, dos 66. delegados que se comprometeron a votar por Greeley, só 3 votaron por el.[1] [6] Esta foi a única vez que un candidato morreu ás poucas semanas dunhas eleccións nos Estados Unidos.[1]

Tivo un funeral sinxelo e foi enterrado no cemiterio de Green-Wood.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jr, Harold F. Bass (2019). Historical Dictionary of United States Political Parties (en inglés). Lanham. pp. 138–139. 
  2. "Abraham Lincoln and Horace Greeley – Abraham Lincoln's Classroom" (en inglés). Consultado o 2023-09-15. 
  3. Greeley, Horace; Owen, Robert Dale (1868). Recollections of a busy life. New York, J. B. Ford and co.; Boston, H.A. Brown & co.,[etc., etc. 
  4. "Biografía de Horace Greeley". Ciencia de Hoy (en castelán). 2019-09-22. Consultado o 2023-09-15. 
  5. ""GO WEST, YOUNG MAN..." (Speechwriter's Slant)". web.archive.org. 2008-09-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2008. Consultado o 2023-09-15. 
  6. Gomes, João Francisco (20/12/2016). "EUA. O Colégio Eleitoral com mais 'infiéis' desde 1872 foi fiel a Trump". Consultado o 2021-02-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]