Hortensia Blanch
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1914 A Habana, Cuba |
Morte | 26 de xullo de 2004 (89 anos) Cidade de México |
Actividade | |
Ocupación | escritora, sindicalista |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Silvia Mistral |
Hortensia Blanch Pita, coñecida como Silvia Mistral, nada na Habana en 1914 e finada en México o 21 de agosto de 2004, foi unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai era catalán e a súa nai era de Vilalba, onde Silvia Mistral pasou boa parte da súa infancia. En 1926 volveu a Cuba coa familia e en 1931, logo da proclamación da República, instálase tamén coa familia en Barcelona. Alí comeza a súa relación co movemento anarquista, ao tempo que traballa nun laboratorio químico, e como xornalista escribindo artigos para diversos medios. Axiña se especializou en crítica cinematográfica e en 1936 comezou a traballar para a delegación da Paramount Pictures en España.
Durante a guerra participa da retagarda republicana escribindo artigos para distintos medios, e en 1939 marcha ao exilio a campos de concentración de refuxiados en Francia. Aos poucos meses marchou para México, onde se dedicou a escrita como xornalista, especializada en cine, e tamén como novelista.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casada co dirixente anarquista Ricardo Mestre.
Obra
[editar | editar a fonte]- Éxodo, diario de una refugiada española (1940)
- Violetas imperiales
- Madréporas
- La cola de la sirena
- El niño de la banda
- La cenicienta china