Saltar ao contido

Houston Dynamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Houston Dynamo
NomeHouston Dynamo
Alcume(s)Orange Crush, Dinamo de Houston
Fundación15 de decembro de 2005 (18 anos)
EstadioBBVA Compass Stadium
Houston, Texas
Estados Unidos
Inauguración12 de maio de 2012
Capacidade22,039
Propietario Gabriel Brener
Oscar de la Hoya
Ben Guill
Jake Silverstein
Presidente Chris Canetti
Adestrador Wilmer Cabrera
LigaMajor League Soccer
2016Oeste: 10º
Global: 19º
VestimentaAdidas
PatrocinadorBHP Billiton
Na rede
http://www.houstondynamo.com
Facebook: houstondynamo Twitter: HoustonDynamo Instagram: houstondynamo Youtube: UCMoXjcnOvCwUUm4M6ePY7Gg Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Houston Dynamo é un club de fútbol profesional de Houston, no estado de Texas. O equipo foi fundado no ano 2005, xoga na Conferencia Oeste da Major League Soccer. Nas súas dúas primeiras tempadas o club gañou dous MLS Cup consecutivas. Debido a súa localización, xogou nas conferencias Leste, Oeste e na Central en tan só nove anos de historia.[1].

O nome de Dynamo provén do notable número de industrias enerxéticas na cidade de Houston. Entre os xogadores máis destacados que vestiron a elástica laranxa cabe destacar a Brad Davis e a Brian Ching.[2]

O partido inaugural foi o dous de abril de 2006, fronte o Colorado Rapids, no que o conxunto de Houston venceu por cinco goles a dous, con catro goles de Brian Ching que ó mes foi seleccionado para disputar a Copa Mundial da FIFA 2006 coa selección de fútbol dos Estados Unidos. Na súa primeira tempada o Dynamo chegou a final da MLS Cup vencendo nos penaltis, tras o 1-1 no tempo regulamentario, contra o New England Revolution.[3] A tempada seguinte sumou a súa primeira participación na Liga de Campións da CONCACAF onde alcanzou as semifinais. Ese mesmo ano logrou o seu segundo título da MLS Cup consecutivo, gañando por dous goles a cero fronte ó Kansas City Wizards[4].

No ano 2008 acadou a súa primeira final internacional, a SuperLiga Championship Game, pero perdeuna nos penaltis tras empatar a dous goles fronte o New England Revolution[5]. Nos playoffs da MLS caeron nas semifinais de conferencia, polo que non puideron revalidar o título. Ao ano seguinte ós Orange Crush non conseguiron bater ó Los Angeles Galaxy na final da conferencia Oeste [6]. No ano 2010 o equipo sufriu a marcha do seu presidente, nunha tempada en que o equipo acabou no seu peor posto ata ese momento, a sétima posición, que lles deixaba fora dos playoffs por primeira vez na súa historia [7].

Tras unha mala tempada, o equipo rexurdiu e logrou un posto para a final da MLS Cup pero non conseguiu vencer ó Los Angeles Galaxy perdendo por un axustadísimo un a cero [8]. O ano 2012 foi o primeiro no que o equipo texano exercía a localía no BBVA Compass Stadium, o partido inaugural (Houston Dynamo vs DC United) rematou con vitoria laranxa por un gol a cero, cun auténtico golazo dende fóra da área de Brad Davis. O estadio cambiou pero os resultados foron os mesmos, chegaron á final pero perdérona, de novo, contra Los Angeles Galaxy[9]. Na seguinte tempada seguiu a racha de chegar as roldas finais do playoff, ese ano os texanos foron eliminados na final de conferencia.

Tras unha serie de boas tempadas na MLS, non chegaron nin a clasificarse para os playoffs, quedando na oitava posición na conferencia Leste, o peor resultado da súa historia. O ano seguinte volveu ser unha mala tempada, volveu quedar sétimo pero esta vez na conferencia Oeste.

Posto País Xogador
1 POR Tyler Deric
2 DEF Kofi Sarkodie
3 MED Rob Lovejoy
3 DEF Taylor Jermaine
5 DEF Cataluña Raúl Rodríguez
5 MED Sturgis Nathan
7 DEF DaMarcus Beasley
8 DEL Garrido Luis
9 DEL Erick Torres
10 DEL Inglaterra Giles Barnes
11 MED Brad Davis
12 DEL Will Bruin
13 MED Ricardo Clark
14 MED Alex
Posto País Xogador
15 MED López Alexander
16 DEF Cochran Alec John
18 DEF David Horst
19 DEL Mauro Manotas
20 MED Nixeria Rasheed Olabiyi
21 MED Zach Steinberger
22 DEF Sheanon Williams
23 DEF Taylor Hunter
27 MED Boniek García
28 MED Memo Rodriguez
30 POR Lisch Michael
31 POR Joe Willis
41 MED Leonel Miranda
  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2015. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2015. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2015. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2015. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2015. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2015. 
  10. http://www.houstondynamo.com/players
  11. http://www.mismarcadores.com/equipo/houston-dynamo/2i4sdl32/
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015.