Pelle Almqvist
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1978 (46 anos) Fagersta, Suecia |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor |
Período de actividade | 1993 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Garage rock e garage punk |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Baixo e voz |
Familia | |
Irmáns | Nicholaus Arson |
Howlin' Pelle Almqvist, nado en Fagersta (Västmanlands län) o 29 de maio de 1978, é un músico sueco, vocalista da banda The Hives. Ao igual que o resto da banda, Almqvist procede de Fagersta, unha pequena vila do centro de Suecia duns 11.000 habitantes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pelle e o seu irmán Nicholaus formaron a banda en 1993, e, segundo a biografía da banda, chamaron a atención do promotor e compositor Randy Fitzsimmons (que durante tempo se pensou que era unha personaxe ficticia), que impulsou á banda cara a fama.
Almqvist é coñecido pola súa enerxía sobre o escenario, e a súa posta en escena fíxolle gañar á banda o título de "mellor banda en directo do mundo" pola Spin Magazine, que tamén coloca a Almqvist na súa lista dos "50 mellores líderes de todos os tempos". Algunhas das súas postas en escena inclúen o mesturarse co público, subirse aos amplificadores ou a escaleiras e dicir parvadas entre as cancións. Por exemplo, durante o Big Day Out Festival en Sidney no 2005, Pelle díxolle á audiencia "Bad music is the devil and I will be your exorcising priest, helpin' you out!" (a mala música é o demo e eu serei o voso exorcista, axudando a expulsalo!). No final dun concerto, díxolle ao público, "Thank you for flying Hives Airlines. We hope you had a great flight and decide to return again soon!" (Grazas por voar nas aeroliñas Hives. Agardamos que tivésedes un bo voo e decidades volver cedo!).