Main Offender
«Main Offender» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de The Hives | |||||
do álbum Veni Vidi Vicious | |||||
Lanzamento | 3 de setembro do 2001 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1999 | ||||
Xénero musical | garage punk | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 2:33 | ||||
Discográfica | Burning Heart Records, Sweet Nothing Records, Poptones, Hard-On Records | ||||
Produtor(es) | Pelle Gunderfelt | ||||
Escritor(es) | |||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Main Offender" é un sinxelo da banda sueca The Hives, editado o 3 de setembro do 2001 e sacado do seu segundo álbum Veni Vidi Vicious. O tema tamén aparece no recompilatorio da banda Your New Favourite Band. A canción é esencialmente unha nova versión do tema "Have Love, Will Travel" de The Sonics. Nicholaus Arson afirma que é unha das súas preferidas. O riff de guitarra ten certa semellanza co do seu anterior sinxelo "Hate To Say I Told You So".
A canción aparece tamén nun anuncio da marca de lencería Agent Provocateur, no cal aparece Kylie Minogue montando un touro mecánico en roupa interior, con "Main Offender" soando de fondo.
O tema está dispoñible como canción xogable no videoxogo musical Rock Band, e foi tocada en directo polos empregados de Harmonix Music Systems mentres presentaban o xogo na convención E3 do ano 2007.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "Main Offender"
- "Lost And Found"
- "Howlin' Pelle Talks To The Kids"