Huacachina
Aparencia
Tipo | oasis aldea | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Deserto costeiro do Perú | |||
Localización | ||||
División administrativa | Departamento de Ica, Perú | |||
| ||||
A lagoa de Huacachina é un oasis situado a 5 km ao oeste da cidade de Ica (no Perú) e a 60 km ao leste da costa do océano Pacífico.[1] Preséntase como un verdadeiro oasis natural no medio das areas brancas do deserto costeiro do Perú. De augas cor verde esmeralda, xurdiu debido ao afloramento de correntes subterráneas e ao redor dela hai unha abundante vexetación composta de palmeiras, eucaliptos (especies introducidas) e a especie de alfarrobeira coñecida como huarango, que serven para o descanso das aves migratorias que pasan por esta rexión. Tamén é coñecido como o oasis de América.
Huacachina ten unha poboación permanente de arredor de cen persoas[2] aínda que acolle decenas de milleiros de turistas cada ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Huacachina.com" (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2016.
- ↑ "Discovery Channel Australia: Huacachina". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Huacachina |