Hugh Griffith
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1912 ![]() Marian-glas, Reino Unido (en) ![]() ![]() |
Morte | 14 de maio de 1980 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1939) Ysgol Gyfun Llangefni (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de teatro, actor de televisión ![]() |
Período de actividade | 1939 ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico ![]() |
Familia | |
Irmáns | Elen Roger Jones ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Hugh Emrys Griffith, nado en Marian-glas (Anglesey) o 30 de maio de 1912 e finado en Londres o 14 de maio de 1980 foi un actor galés de teatro, cine e televisión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Gales, Griffith tentou entrar na universidade, mais suspendeu o exame de inglés. Tratou entón facer carreira no mundo dos bancos, pasando a traballar en Londres para ter máis posibilidades de chegar a ser actor.[1] Finalmente foi admitido na Royal Academy of Dramatic Arts, mais tivo que renunciar para facer o servizo militar, servindo durante seis anos nos Royal Welch Fusiliers na India e Birmania durante a segunda guerra mundial.
En 1946 reiniciou a súa carreira como actor, recibindo boas críticas polas súas interpretacións de Falstaff, Lear e Prospero no teatro, en Londres, Nova York e Stratford. A finais da década de 1940 comezou a traballar tamén no cinema e na década seguinte apareceu tamén en filmes de Hollywood. En 1959 gañou o Oscar ao mellor actor secundario por Ben-Hur (1959).
Os últimos anos da súa carreira víronse embazados polo seu alcoholismo crónico.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Welsh Academy Encyclopaedia of Wales. Cardiff: University of Wales Press. 2008. p. 335. ISBN 978-0-7083-1953-6.
- ↑ Biodrowski, Steve (2004). "Dr. Phibes Rises Again". Hollywood Gothique. Consultado o 16 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hugh Griffith ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hugh Griffith na IMDb (en inglés).