Concello de Hylte
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Halland ![]() | ||||
Capital | Hyltebruk ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.196 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.046,6 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Hylte Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Q133805807 ![]() Gerhard Wilhelmsson (en) ![]() Martin Wiktorsson (en) ![]() Rolf Kenneryd (1982–1985) Björn Kull (en) ![]() Inge Gustafsson (en) ![]() Willy Strömblad (en) ![]() Jennie Nilsson (2002–2006) Micael Arnström (en) ![]() Lennart Ohlsson (en) ![]() Henrik Erlingsson (en) ![]() Ronny Löfquist (en) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | hylte.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Hylte é un municipio sueco (kommun) do condado de Halland.[1] A súa capital é Hyltebruk. Hylte repártese entre os landskaps de Småland, onde se atopa a súa capital, e Halland. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 10 196 habitantes.[2]
O municipio, que é o único interior do condado de Halland, está sobre o límite entre os landskaps de Halland e Småland. A parte leste do concello atópase en Finnveden, unha das tradicionais "terras pequenas" de Småland. A través do municipio flúe o río Nissan.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Drängsered, Femsjö, Färgaryd, Jälluntofta, Kinnared, Långaryd, Södra Unnaryd e Torup, así como unha pequena parte de Lidhult.
Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Drängsered, Kinnared e Torup están no landskap de Halland que entón pertencía (ao igual que hoxe) ao condado de Halland, mentres que Femsjö, Färgaryd, Jälluntofta, Långaryd e Södra Unnaryd están no landskap de Småland e pertencía entón (a diferenza de hoxe) ao condado de Jönköping.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse na zona tres grandes concellos: Hylte (pola fusión dos cncellos de Femsjö, Färgaryd e Långaryd) e Unnaryd (de Bolmsö, Jälluntofta e Södra Unnaryd) en Småland, e Torup (pola fusión de Drängsered, Kinnared e Torup) en Halland.
O concello de Hylte naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización co concello rural de Hylte. Ao mesmo tempo a meirande parte da parroquia de Bolmsö (a área ao redor de Bolmsö), entón no concello de Unnaryd, transferíuse ao municipo de Ljungby no condado de Kronoberg, e unha parte máis pequena da parroquia (ao norte de Bolmen) pasou a formar parte do municipio de Värnamo.[3]
En 1974 naceu o actual concello de Hylte a través da fusión de Hylte co concello de Torup e a meirande parte do concello de Unnaryd (as parroquias de Jälluntofta e Södra Unnaryd) e un pequena de Ljungby (un anaco da parroquia de Lidhult). Un concello non pode pertencer a máis dun condado, polo que se decidiu que Hylte pertencería a Halland.[4]
Dende a súa fundación ata o ano 1974 o concello formou parte do partido xudicial de Värnamo e a partir de entón ao de Halmstad.[5]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Hylte limita ao oeste co de Falkenberg e ao sur co de Halmstad, no condado de Halland. Ao sur tamén limita co de Ljungby, no condado de Kronoberg, e ao norte co municipio de Gislaved, no condado de Jönköping.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]A paisaxe do concello caracterízase por chairas de pouca altura e lagos ou zonas de turbeiras entre elas. Ringsmossen, Troppamossen e Mogölsmyren son áreas con comunidades de plantas de turbeiras e unha gran diversidade de aves. O val do Nissan segue principalmente unha dirección suroeste e está en gran parte cheo de material das antigas correntes subglaciares. Na zona ao redor de Torup as augas de desxeo dos lagos glaciares formaron profundos barrancos que flúen cara o Nissan. Aquí atópanse cursos de auga como o Färgeån e o Snokabäcken. A parte oriental do municipio, que principalmente está formada por leito rochoso de gneis, é rica en lagos claros pobres en nutrientes.[6]
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]Ata o ano 2016 para cuestións de informes de poboación o concello estaba dividido en cinco congregacións: Femsjö, Färgaryd, Långaryd, Torup e Unnaryd.
Dende 2016 o municipio divídese en oito distritos que se corresponden coas anteriores parroquias: Drängsered, Femsjö, Färgaryd, Jälluntofta, Kinnared, Långaryd, Södra Unnaryd e Torup.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-03.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-06.
- ↑ "Hylte kommuns historia - Hylte kommun". www.hylte.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-08.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Värnamo tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 8 de outubro de 2022.
- ↑ "Hylte - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-12.
- ↑ "Förordning om distrikt (SFS 2015:493)" (PDF). Regeringskansliet. Consultado o 14 de marzo de 2025.