Iámblico de Calcis
Aparencia
Nome orixinal | (grc) Ἰάμβλιχος (arc) 𐡉𐡌𐡋𐡊𐡅 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 245 Cálcis da Celessíria, Siria (pt) |
Morte | c. 325 (79/80 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo, escritor |
Período de tempo | Imperio Romano |
Profesores | Anatólio de Laodiceia (pt) e Porfirio |
Alumnos | Sopatro de Apameia (pt) , Déxipo (pt) , Edésio (pt) , Eustácio (pt) e Hiério (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Iámblico de Calcis (en latín Iamblichus, en grego Ἰάμβλιχος) (c. 245 - c. 325) foi un famoso filósofo neoplatónico nado en Calcis na Celesiria, posíbel descendente do escritor do mesmo nome (ver Iámblico de Babilonia).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi discípulo de Anatolio e de Porfirio e estudou a Platón e Pitágoras e a filosofía caldea e exipcia. Da súa vida só se sabe que cada ano facía unha excursión ás fontes de Gadara. Morreu durante o reinado de Constantino I o Grande, probabelmente antes do ano 333.
Obra
[editar | editar a fonte]Escribiu un bo número de obras, das que poucas se conservaron. As súas obras principais son:
- Περὶ Πυθαγόρου αἱρέσεως, tratado onde lista os pitagóricos con cinco libros titulados:
- Περὶ τοῦ Πυθαγορικοῦ βίου.
- Προτρεπτικοὶ λόγοι εἰς φιλοσοφίαν.
- Περὶ κοινῆς μαθηματικῆς ἐπιστήμης.
- Περὶ τῆς Νικομάχου ἀριθμητικῆς εἰσαγωγῆς.
- Δεολογούμενα τῆς ἀριθμητικῆς.
- Περὶ μυστηρίων,
- Περὶ ψυχῆς,
- Περὶ τῆς τελειοτάτης Χαλκιδαϊκῆς φιλοσοφίας.