Saltar ao contido

Iñaki Txueka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIñaki Txueka
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Getaria, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
30 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

25 de setembro de 2003 – 27 de xuño de 2008
Deputado no Congreso dos Deputados
24 de marzo de 2000 – 20 de xaneiro de 2004

Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor en Wikidata

Iñaki Txueka Isasti, nado en GetariaGuipúscoa o 10 de setembro de 1953, é un empresario vitivinícola e político nacionalista vasco. É deputado do Congreso dende o ano 2000.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iñaki Txueka naceu na localidade costeira de Getaria en 1953 no seo dunha familia dedicada á produción de chacolí. Deixou de estudar a carreira de química, para poder dedicarse ós negocios familiares. Como empresario vitivinícola codirixe xunto cos seus irmáns a adega familiar Txomin Etxaniz, que é considerada unha das adegas máis importantes de Getaria; posúe dúas adegas, 24 hectáreas de viñedo propio e produce preto de 300.000 litros de chacolí ao ano. Iñaki Txueka é tamén o actual presidente da Denominación de Origen Txakoli de Guetaria.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Nacionalista Vasco. Comezou a súa carreira política como concelleiro no concello de Getaria (1986-1990).

En 1991, foi nomeado Director de Industrias Agrarias do Goberno Vasco. Deixou o cargo ese mesmo ano, en 1991 ó gañar o PNV as eleccións forais en Guipúscoa e entrar dentro do gabinete do novo Deputado Xeral de Guipúscoa, Eli Galdós, como Deputado de Agricultura e Voceiro do Goberno Foral.

En 1995, no gabinete de Román Sudupe repite como Deputado Foral de Agricultura e Medio Ambiente. En 1999 abandonou a política activa para dedicarse ós negocios familiares.

Novamente, nas Eleccións Xerais de 2000, ocupou o segundo lugar na lista do seu partido por Guipúscoa e resultou elixido como Deputado do Congreso. Nas Eleccións Xerais de 2004 saíu reelixido.