IES As Lagoas
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
IES As Lagoas | |
---|---|
Enderezo | |
r/ Eduardo Blanco Amor, 2, 32004 - Ourense | |
Datas | |
Creación | 1977 |
Educación | |
Ensinanzas | ESO e Bacharelato |
Xestión | |
Tipo | Público |
Xunta de Galicia | |
Outros nomes | |
Instituto de Ourense | |
Na rede | |
edu.xunta.gal/centros/iesaslagoas |
O Instituto de Ensino Secundario "As Lagoas", inicialmente Instituto Nacional de Enseñanza Media Mixto "Las Lagunas", é un centro educativo público de ensino secundario situado na cidade de Ourense.
Orixe
[editar | editar a fonte]O instituto leva o nome do barrio no que está asentado. O actual IES As Lagoas naceu en 1977 como terceiro centro de bacharelato da cidade e primeiro mixto nos tempos modernos. O IES As Lagoas naceu nun espazo central e vinculado ao desenvolvemento da cidade neste barrio nos anos sesenta e setenta. Os primeiros anos de funcionamento foron complicados desde un punto de vista organizativo: alto número de alumnado, quendas nocturnas e diúrnas, conflitos laborais e estudantís... pero foise asentando ata se converter na actualidade nun dos centros punteiros do ensino público en Ourense.
No 2002/2003 festexouse o vinte e cinco aniversario cunha gran festa onde se deron cita moitos exalumnos e exprofesores e no 2017/2018 celebráronse os 40 anos do centro.
Localización
[editar | editar a fonte]O instituto de As Lagoas atópase na Rúa Eduardo Blanco Amor, 2, ao nordeste da cidade de Ourense.
Oferta educativa
[editar | editar a fonte]O centro ofrece os estudos de educación secundaria obrigatoria, ademais de tres bacharelatos diferentes: o de ciencias, o de humanidades e ciencias sociais e o de artes.
Espazos e instalacións
[editar | editar a fonte]O edificio do instituto, construído en 1977 e ampliado en dúas ocasións, conta cos seguintes espazos:
Xeral
[editar | editar a fonte]- Edificio, bloque principal (aulas, despachos, oficinas, laboratorios, biblioteca, salón de actos...): 7000 m².
- Pavillón deportivo cuberto: 1167 m².
- Pistas deportivas descubertas: 4000 m².
- Patios de columnas cubertos 1250 m².
- Zonas de xardín: 1000 m².
- Aparcadoiro e beirarrúas interiores 1000 m².
Aulas
[editar | editar a fonte]- 32 aulas de ordinarias (asignadas a cada un dos grupos) máis 2 para alumnado de apoio, 7 para desdobramentos, 1 de garda ou espera para alumnos fóra de aulas e 1 de convivencia.
- As seguintes aulas específicas asociadas a determinadas materias ou usos específicos:
- 4 de informática (incluíndo a destinada a grupos pequenos, con cinco ordenadores).
- 2 de música.
- 2 de tecnoloxía.
- 2 de debuxo.
- 1 multiúsos de grandes dimensións.
- 1 laboratorio de física.
- 1 laboratorio de química.
- 1 laboratorio de ciencias naturais.
- 1 laboratorio de xeoloxía.
- 1 aula de artes escénicas.
Outros espazos
[editar | editar a fonte]- Unha biblioteca con equipamento informático e audiovisual.
- Un ximnasio ou pavillón deportivo con tres almacéns anexos e dous pares de vestiarios e baños.
- Salón de actos.
- Sala de xuntas.
- Secretaría, vicedirección e dirección.
- 1 espazo de cafetería.
Persoeiros asociados ao instituto
[editar | editar a fonte]- O presentador e artista Xosé Manuel Piñeiro foi orientador pedagóxico no centro.
- Tamén foron profesoras no centro as escritoras Uxía Casal, Afonso Vázquez-Monxardín, Ramón Area Míguez, Víctor Campio Pereira, Xosé Luís López Cid e Celia Díaz.
- Foi alumno do centro o pintor Xaime Quessada (o fillo).
- Tamén foi alumno do centro o debuxante de banda deseñada David Rubín.
- Tamén foi alumno do IES As Lagoas Xosé Luís Miguélez, gaiteiro e músico de jazz.
- O pedagogo Alexandre Sotelino foi alumno deste centro.
- O actor Alberto Medeiros foi alumno deste instituto.