IES Pino Manso
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
IES Pino Manso | |
---|---|
Imaxe panorámica da fachada do centro. | |
Enderezo | |
Porriño | |
Datas | |
Educación | |
Xestión | |
Tipo | público |
Titularidade | Xunta de Galicia |
Na rede | |
http://www.edu.xunta.gal/centros/iespinomanso/ |
O IES Pino Manso é un centro público que se atopa situado na vila do Porriño, na rúa Antonio Palacios número 76. É o primeiro instituto de ensinanza media construído na zona. A súa construción rematou no ano 1966 e foi inaugurado polo alcalde Gonzalo Ordóñez Pérez. Neste instituto estudaron máis de 50 xeracións de porriñeses e veciños de concellos limítrofes.
Centro
[editar | editar a fonte]Impártense Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato, ademais de cursos de Formación Profesional Básica.
A oferta educativa de Bacharelato establécese en dúas modalidades de ensino: Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais. Ademais, no centro impártense dúas linguas estranxeiras: inglés (dende o primeiro ano) e francés (dende terceiro da ESO).
Conta cun departamento de apoio e outro de orientación.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Conta con tres laboratorios (un de bioloxía e os outros dous de física e química). Unha cafetería, varias aulas de idiomas, unha aula de historia, aula de exames, dúas de informática, un taller de tecnoloxías, un ximnasio, unha aula de música, unha aula de debuxo e un salón de actos.
Historia
[editar | editar a fonte]O instituto comezou a construírse no ano 1965. A súa construción foi posible grazas ó Patronato de Cultura e Beneficiencia e á axuda de José Fernández López, que mercou e doou o predio.
A primeira matriculación foi aberta o 3 de outubro de 1966, celebráronse os primeiros exames de ingreso o día 15 dese mesmo mes e atrasouse a súa inauguración ata o día 24. O centro foi construído para facilitar o estudo do Bacharelato aos rapaces e rapazas das vilas próximas ó Porriño: Ponteareas, Mos, Salceda de Caselas etc., en pleno proceso de industrialización.
Anos máis tarde (no 1992) foi creado o Instituto de Formación Profesional na parroquia de Torneiros, feito que mellorou as posibilidades de estudo non universitarios do municipio.
Aniversario
[editar | editar a fonte]O 28 de outubro do 2016 celebrouse o 50 aniversario do IES Pino Manso. Leváronse a cabo diferentes actos, entre eles a comida de antigos alumnos, aínda que a máis destacable foi a creación dun conto dos Bolechas, no que se relatan as historias e experiencias de antigos alumnos e alumnas e de profesores e profesoras que pasaron polo centro ao longo dos seus 50 anos. Este conto chámase Os Bolechas van ao aniversario do Pino Manso.
Ademais, a profesora e os profesores do instituto Mercedes Bangueses Vázquez, José Ramón Iglesias Veiga e Juan Aguilar Madrazo publicaron un libro chamado IES Pino Manso do Porriño. 50 anos de ilusións, no que recollen unha gran cantidade de fotografías e contan a historia do centro e as actividades desenvolvidas en relación co seu 50 aniversario.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Joyería Lorenzo (1995). Porriño (1895-1995). Recuerdos de un siglo. Porriño: Alva Gráfica, S.L.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O poder da ilusión: A creación do IES Pino Manso do Porriño. Recuperado de http://www.edu.xunta.gal/centros/iespinomanso/aulavirtual2/file.php/3/historia/historia.html
- “Os Bolechas” celebran os 50 anos do IES Pino Manso. Atlántico. https://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/bolechas-celebran-50-anos-do-ies-pino-manso/20170103011201565808.html
- IES Pino Manso. Recuperado de http://www.edu.xunta.gal/centros/iespinomanso
- Biblioteca Pino Manso (21 de xuño de 2018). Novo libro do IES Pino Manso. Recuperado de https://bibliotecadoporrino.com/2018/06/21/novo-libro-do-ies-pino-manso/