Torneiros, O Porriño
Torneiros | |
---|---|
Igrexa de San Rosendo | |
Concello | O Porriño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°09′15″N 8°37′53″O / 42.154027777778, -8.6314722222222 |
Poboación | 3889 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Torneiros é unha parroquia do concello do Porriño. Segundo o IGE en 2014 tiña 3889 habitantes (1925 homes e 1964 mulleres), 130 menos ca en 2004 (2048 mulleres e 1971 homes) e 123 máis ca en 1999. Ten 8 entidades de poboación.
Actualmente o arcebispado distingue, e só con carácter eclesiástico, entre San Salvador de Torneiros e San Rosendo de Torneiros. Esta última foi creada en 1995[2] e está formada polos polígonos residenciais presentes na parroquia, construídos no lugar da Relva.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome de Torneiros provén da profesión aferrada aos tornos, abundantes na zona ao longo do río que percorre a parroquia. Indicios da tradición oral dan lugar á existencia de asentamentos de antigos precursores na parroquia, así como alteracións no terreo como é no caso do coto da Mota (barrio da Mota). A Mota consta no PXOM do Porriño (aprobado o 26/6/2003 e publicado no BOP o 21/10/2003) como zona de protección integral e xeral debido a existencia de elementos arqueolóxicos da época medieval[3].
Cultura
[editar | editar a fonte]Torneiros goza de festas emblemáticas, como é a Xuntanza de Torneiros, de máis de 30 anos, organizada dende os seus comezos pola Asociación de Veciños de Torneiros e con grande interese no municipio e arredores.
Nos seus comezos a festa dos callos do Porriño foi levada a cabo no recinto da asociación de veciños da parroquia, instalacións que soportaban a gusto a presenza de toda a xente asistente. Por motivos políticos esta festa desvinculouse da parroquia para celebrarse no centro da vila.
A igrexa de San Salvador de Torneiros é a única da parroquia. Garda no seu interior as imaxes do Salvador e da Virxe das Frores. Tamén dispón de dúas capelas, a de San Roque e a de San Rosendo. A capela de San Roque foi creada a mediados do século XX e foi restaurada tras un terrible incendio; no seu interior garda a imaxe do tan milagreiro San Roque (15-16-17-agosto, festa local). A de San Rosendo foi creada fai menos dunha década e ten un estilo moderno.
Educación
[editar | editar a fonte]Esta parroquia posúe dous colexios de educación primaria, o CEIP Antonio Palacios (primeiro colexio de ensinanza mixta implantado na comarca) e o CEIP Ribeira (que tamén imparte clases de ESO). Para o ensino secundario, tanto obrigatorio como para adultos, en Torneiros está o IES Ribeira do Louro, segundo instituto creado no concello despois do IES Pino Manso. Nun primeiro momento funcionou como instituto de formación profesional pero coa implantación da LOXSE pasou a ter tanto ESO, Bacharelato tecnolóxico, de humanidades e de letras como ciclos medio e superior de comercio internacional, ciclo medio de electrónica de consumo e superior de informática e telecomunicacións.
Investigación
[editar | editar a fonte]Esta parroquia dispón do único instituto tecnolóxico da zona, o Centro Tecnolóxico Armando Priegue - AIMEN (Asociación de Investigación Metalúrgica Española del Noroeste), institución sen ánimo de lucro coa finalidade de investigación en materiais e novas técnicas de fabricación.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Torneiros
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Torneiros no concello do Porriño (Pontevedra) | |
---|---|
Casal de Vello | O Contrasto | A Florida | A Gándara | A Mota | O Noval | A Pereira | A Relva | A Ribeira | O Seixo |
Parroquias do Porriño
[editar | editar a fonte]